KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
¿Queres emprender en xenero? Volver
Autoría: InteRed

Data: 2014

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

¿Queres emprender en xenero?
 

Descrición

Coa incorporación da EpDCG pomos de manifesto a necesidade de traballar a Equidade de Xénero como ferramenta básica na análise e na compresión dos problemas sociais actuais, e utilizamos para iso a metodoloxía “Mozos actuando con coidados” encadrada na Campaña de mobilización “Actúa con coidados. Transforma a realidade” de InteRed, cuxa perspectiva de xénero e abordaxe socio-educativa posibilitan un ambiente de traballo adecuado á nosa realidade.

Por un lado, é realizado un proceso de formación e sensibilización do profesorado en torno da Ética do Coidado e da Abordaxe de Xénero, e, por outro, un proceso de empoderamento xuvenil e emprendemento social coa conformación de Grupos de Mobilización de Mozos da ESO, Ciclo Formativo e/ou Bacharelato, que irán crear accións de mobilización social que serán desenvolvidas no centro e/ou no contorno, na procura de mudanzas sociais ao nivel local a partir dunha abordaxe de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG).

Para poder sistematizar la información, concienciación e actuación das mozas e dos mozos imos utilizar a metodoloxía de Aprendizaxe por Servizos (APS), co obxectivo de alcanzar actitudes de Emprendemento Social, incorporando ferramentas da educación non formal no ámbito da educación formal.



 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_40_ESP.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Pastillas para a memoria (14-17)

Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas...... [+]


 


...coa mesma idade

O medo global

A partir da lectura do poema O medo global de Eduardo Galeano, indúcese á reflexión sobre a cultura do medo. Para iso, formúlanse unhas preguntas que deben dar pasaxe ao debate e á reflexión sobre por que vivimos con medo, as consecuencias que ten esta actitude e se é posíbel vivir de...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Conectando mundos

Esta experiencia, realizada nunha escola de Portugal, baseouse na utilización dunha metodoloxía participativa, xa que a súa formulación inicial partiu da preocupación de que todo o alumnado implicado no proxecto participase de forma activa, dando en todo o momento a súa opinión. Para chegar...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017