Facendo realidade o soño dunha Escola Inclusiva | Volver |
Autoría: Maria Luisa Muñoz Castellano
Data: 2014
Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: Educadores e educadoras
|
|
|
Descrición
A Escola con maiúsculas como axente de mudanza e transformación. A Escola Cristo de la Yedra está aberto á diversidade e á inclusión, vivindo este compromiso como unha riqueza e unha oportunidade. Tenta ser tamén unha Escola para todos e todas, asumindo de maneira creativa os ritmos diferentes e a diversidade como elemento de progreso, riqueza, xerme do que deberá constituír unha sociedade avanzada en madurez ética. Finalmente, tamén quere ser unha Escola e comunidade educativa que cre e vive a UTOPÍA e os valores de solidariedade e xustiza do Evanxeo, traballando xunto ao seu alumnado e familias, sen importar as diferenzas (intelectuais, físicas, sociais, culturais...), para, desde esa experiencia, asumindo o desafío de traballar por un mundo diferente, mellor e máis xusto para todos e todas.
Consideramos que a verdadeira escola é aquela en que, desde a inclusión, se posibilita a construción dun presente e dun futuro transformador. O noso centro, a partir dunha realidade diversa e heteroxénea (alumnos e alumnas sen dificultades e alumnos y alumnas de integración social ou con necesidades educativas especiais...), basea o seu traballo nuns alicerces comúns compartidos por toda a comunidade educativa.
| | Observacións
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.
| |
|
Comentarios
|
Non hai comentarios |
Engadir comentario
|
|
Compartir
|
|
|
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
|
|
Se queres continuar a traballar...
Titoría entre iguais
Baseado na idea de que a axuda entre iguais é a mellor vía para conseguir a integración escolar e evitar o acoso escolar, proponse un programa en que o alumnado de 3.º da ESO se converte en titor/a dun ou dunha estudante de 1.º da ESO para servir como modelo positivo de referencia e de axuda...... [+] Falando é como as persoas se entenden
Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias...... [+] | ...descubrindo o que fan os demais
| Desde os obradoiros á mobilización social
Esta experiencia foi levada a cabo no CEIP Plácido Fleitas (Telde, Gran Canaria) e é un proxecto de centro para sensibilizar o alumnado, profesorado e familias sobre a situación da pobreza no mundo, buscando causas e consecuencias e fomentando un compromiso perante esa realidade.
Foron...... [+]
Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete
|