KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Buscando marcosVolver
Autoría: Andrew Darnton y Martin Kirk

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Buscando marcos
 

Descrición

Buscando marcos (Finding Frames) É un relatorio sobre as formas en que os cidadáns se comprometen con temas relacionados coa pobreza global, e sobre cómo as ONGDs e outros actores poderían profundar e ampliar o referido compromiso. O autor é Andrew Darnton (investigador que realizara traballos sobre a percepción da cidadanóa en torno da pobreza), en estreita colaboración con Martin Kirk (Oxfam UK) e un equipo de apoio formado por persoas doutras ONGDs e universidades do Reino Unido.

En primeiro lugar, o relatorio realiza unha análise de datos dispoñíbeis sobre o compromiso (sensibilidade, entendemento, implicación) da cidadanóa do Reino Unido coa pobreza global, e demostra que existe unha diminución ou estancamento significativo na evolución destas actitudes na sociedade inglesa a pesar dos esforzos realizados por múltiplas campañas de sensibilización levadas a cabo por distintas ONGDs.

Posteriormente, o relatorio tenta fornecer elementos de análise para entender por qué o compromiso cidadán coa xustiza global está a diminuír, e para iso analiza bibliografía sobre a teoría de valores e a abordaxe de marcos como un crisol para comprender de qué forma as campañas e a propia acción que desenvolven as ONGs transmiten unhas mensaxes que “configuran” de forma bastante inconsciente a maneira en que as persoas entenden e se vinculan coa pobreza global.

Para finalizar, coméntanse algunhas implicacións que tería para o sector das ONGs asumir o desafío de se autointerpelar desde a teoría de valores e desde a abordaxe de marcos. Porén, o relatorio non “prescribe” solucións, xa que tanto a teoría de valores como a abordaxe de marcos deben ser contextualizados en cada momento e lugar, para asegurar a pertinencia sociocultural da análise da problemática e a procura de alternativas de mudanza.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar BuscandoMarcos.pdf
Castellano
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Finding_Frames_New_ways_to_engage_the_UK_public_in_global_poverty_Bond_2011.pdf

Finding_Frames_New_ways_to_engage_the_UK_public_in_global_poverty_Bond_2011.pdf

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Teño dúas orellas para escoitar mellor

Este monográfico introduce os conceptos de paz, violencia e conflito e reflexiona sobre eles. Tamén reflexiona sobre as actitudes que tomamos perante os conflitos e ofrece ferramentas para favorecer o diálogo e a cooperación. A través dun exemplo práctico, pretende espertar a creatividade...... [+]


 


...coa mesma idade

Diferentes mais iguais

Esta actividade xorde a partir do traballo feito con dúas aulas de nenos e nenas de 4 anos dentro da proposta Conectando mundos 2014-2015, co título “Cando os dereitos se frustran”, que aborda os dereitos sociais básicos. Neste cadro, descubrimos tamén o dereito de toda persoa a ter unha...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Colaborando co horto comunitario do barrio

Proxecto de aprendizaxe-servizo no horto comunitario do barrio. Do 24 de xaneiro até o 28 de marzo de 2017, os alumnos aprenderon nocións de sementeira, preparación de sementeiros, tipos de hortalizas, asociación de cultivos, calendario do horto, compostaxe, etc., grazas a algúns veciños usuarios,...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018