KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Cancións sen fronteiras (10-12)Volver
Autoría: Barabara Educació SCCL.

Data: 2017

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 10 a 12 anos

Cancións sen fronteiras (10-12)
 

Descrición

Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos.

Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna e en paz

 




 

Observacións

Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Dereitos sen fronteiras", elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar esp_10_12.zip
Castellano
Descargar cat_10_12.zip
Català
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Lea na saída da discoteca

Trátase dun xogo de rol en que se representará unha situación hipotética mais habitual que provocará o debate entre uns personaxes. Estes personaxes deberán chegar a un acordo, no que ofrecerán unha definición do problema e propostas de solución. O xogo quere simular un proceso de mediación...... [+]


 


...coa mesma idade

A escola como espazo de diálogo (comunidade de participación)

Esta práctica pretende potenciar a educación para unha cidadanía global a través da promoción dun currículo máis integrado e democrático e unha escola máis participativa e ética. O seu obxectivo principal é que a escola actúe como unha auténtica comunidade educativa (unha escola que...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Tecendo redes de solidariedade e sustentabilidade: mudanza climática e Vega de Granada

Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017