KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Castelos de areaVolver
Autoría: Israel García, Mª Àngels Alié, Marga Florensa, Lucas Pérez, Anna Duch

Data: 2010

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

Castelos de area
 

Descrición

Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación.
 
Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as diferenzas do seu impacto nos países do Norte e do Sur.
 
Coa visión completa e ampla da crise económica, o Global propón unha actividade final cuxo obxectivo é fornecer a visión de crise como oportunidade e sermos conscientes de que podemos contribuír de forma individual e colectiva para que se produzan as mudanzas que queremos.


 

Observacións
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
JOsé Manuel Vázquez (20-12-2010-12:45:30)
Enhorabuena por la iniciativa!!
 
Maria A. Bethencourt Benítez (25-10-2010-11:24:30)
Este vídeo explica de forma sencilla cómo la deuda privada se convierte en pública. Puede servir para completar trabajo sobre la crisis. Se encuentra en estas dos direcciones. http://vimeo.com/15248048 http://www.attac.tv/attaces/
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Castillos_de_arena_es.zip
Castellano
Descargar Castillos_de_arena_cat.zip
Català
Descargar Castillos_de_arena_eus.zip
Euskara
Descargar Castillos_de_arena_gal.zip
Galego
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O teu mundo, o noso mundo e UNAM (Outro mundo é posíbel)

Esta práctica é unha experiencia de proxecto de ciclo, concretamente do primeiro ciclo da ESO para traballar a Educación para unha cidadanía global, en materias optativas en 1.º e 2.º, e nunha obrigatoria, en 3.º, á marxe da materia de Educación para a Cidadanía. Os obxectivos que...... [+]


 


...coa mesma idade

Copenhaguen: últim avís

Esta edición de Global Express reflexiona sobre a transcendencia do Cumio de Copenhague e a nosa responsabilidade a ese respecto. A partir da análise dunha imaxe e duns textos, o material comeza dando unha visión global do que é un cumio internacional, centrándose na realidade concreta do de...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Conectando mundos

Proxecto de investigación interdisciplinar, a través do cal o alumnado chegou a coñecer a situación de desigualdade que impera no mundo investigando sobre diferentes países do mundo más desfavorecido. Así chegamos a coñecer algunhas causas destas desigualdades e propuxemos posíbeis solucións....... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018