KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O consumo responsábel nos centros educativosVolver
Autoría: Red valenciana de educadores y educadoras para una ciudadanía global

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: 3 a 6 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos, 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos, Educadores e educadoras

O consumo responsábel nos centros educativos
 

Descrición

O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario.

Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo de desenvolvemento dos países do Norte.

O documento pretende ser unha guía de traballo para todos os centros educativos, comeza encadrando a actividade nos seus fundamentos teóricos para despois dar paso a unha recompilación de actividades prácticas para levar á aula e traballar o consumo responsábel co alumnado dos centros educativos. O documento pecha a proposta con actividades e ferramentas para a avaliación e unha guía de recursos.



 

Observacións

Este documento nace tomando como punto de partida o libro de Protozoos Insubmisos de Araceli Caballero. Como nos di a autora: “queremos converter o consumo en instrumento de construción de cidadanía”. Queremos explorar as consecuencias ambientais e sociais do actual modelo de desenvolvemento e concienciar sobre cómo repercuten con máis forza nos países menos favorecidos e o que podemos facer nós como persoas de a pé. En resumo, formar cidadáns e cidadás que sexan conscientes da responsabilidade das propias decisións e accións.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar ConsumoResponsable_def.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Memoria do VI Seminario "Educar para unha cidadanía global"

O VI Seminario “Educar para unha cidadanía global” reuniu, do 3 ao 5 de xullo, 113 educadores e educadoras para reflexionaren, debateren e trocaren puntos de vista sobre o papel do docente como axente de transformación social. A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global...... [+]


 


...coa mesma idade

Comunidades de paz

A través do texto sobre a Comunidade de Paz de San José de Apartado, en Colombia, dáse a coñecer unha iniciativa de construción de paz. Este exemplo mostra unha alternativa non violenta ao sistema de vida que invade un país inmerso nun conflito de longa duración. Para contextualizar esta...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Gabeta de contos coeducativos

Esta práctica consiste nun traballo sobre coeducación no Centro de Primaria de Gines (Sevilla) realizado a partir da lectura e comentario de numerosos contos. Os libros, de contido coeducativo ou de educación para a convivencia e interculturalidade, foron distribuídos en tres gabetas (un por...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018