KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Escenas da inmigraciónVolver
Autoría: Rafa Martínez

Data: 2010

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

Escenas da inmigración
 

Descrición

Esta é unha experiencia con alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas identifiquen situacións reais vinculadas coa inmigración e sexan capaces de analizalas de forma crítica.

Despois da participación en Conectando mundos_Soños de andoriña, unha proposta didáctica telemática en que o alumnado traballou as causas e as consecuencias da inmigración, conxuntamente con outros grupos da súa mesma idade de distintos países do mundo, na aula de Informática decidiron realizar un vídeo para recoller as situacións identificadas.

Todo o proceso foi deseñado os alumnos e alumnas, sendo distribuídas as tarefas de gravación, guión,… Finalmente, foron buscados distintos espazos para mostrar o resultado final aos compañeiros e compañeiras doutros grupos e niveis.



 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.



 
 

Comentarios
Rocío (26-08-2012-10:30:58)
Jeje..qué gracioso el vídeo, seguro que se lo pasaron pipa haciendo el teatrillo. Muy buena iniciativa!
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_28_ESP.pdf
Castellano
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Escenas_de_la_inmigracion_PORTUGUES.pdf

Escenas_de_la_inmigracion_PORTUGUES.pdf

 
Ver vídeo
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O petróleo, unha riqueza envelenada

Este Global Express ten como obxectivo principal a toma de conciencia por parte do alumnado sobre a dependencia do petróleo do nos o estilo de vida e consumo. Igualmente, pon sobre a mesa as consecuencias que a produción deste combustíbel ten para as poboacións do Sur, máis alá dos problemas...... [+]


 


...coa mesma idade

Máis ou menos pobres

A través da presentación de catro fotografías coas súas historias, preténdese facer reflexionar aos e ás participantes sobre o que significa ser pobre. O obxectivo básico é identificar o concepto de pobreza, non só como falta de bens e servizos para cubrir as necesidades básicas, senón...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Somos todos diferentes

Esta experiencia, levada a cabo en Portugal, é un proxecto interdisciplinar en que se implicou e participou o profesorado das áreas de Lingua Portuguesa, Estudo do Medio, Expresión Plástica e Dramática e Matemática. Os nenos e as nenas, coa orientación da titora del grupo, escribiron...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019