Kaidara ten como obxectivo ofrecer ao profesorado de todos os niveis educativos, e ao público en xeral, recursos que lles permitan traballar e incorporar a Educación para unha cidadanía global na súa práctica educativa, tanto na aula como no centro, así como propostas e recursos de autoformación para o docente.
Kaidara é o título dun relato didáctico que fai parte do ensino tradicional dos peules da Curva do Níxer. O mestre acostuma contalo durante as veladas, na presenza dun público no que pequenos e maiores se confunden.
Kaidara é a historia da viaxe iniciática de tres compañeiros a través dun país subterráneo repleto de encontros simbólicos e misteriosos, cara ao fogar do “tan lonxincuo e tan próximo” Kaidara, deus do ouro e do coñecemento. No camiño de regreso, só un deles sairá vitorioso de todas as probas: aquel que, por amor ao coñecemento, terá sabido non ficar con ningunha parte do ouro recibido.
Kaidara ilustra as trampas que hai que discernir e as etapas que hai que franquear desde o momento en que nos embarcamos na difícil vía da conquista e da realización do noso ser. Tras o aspecto recreativo deste gran conto africano, concibido para todas as idades, cada imaxe, cada evento posúe un sentido oculto
Kaidara é a historia dunha viaxe iniciática cara ao coñecemento. Animádesvos a emprender este camiño xunto a nós?
Algúns aspectos a ter en conta:
Os recursos e as experiencias aquí dispoñíbeis son froito de máis de 20 anos de traballo de Oxfam Intermón no campo da educación. Antes de descargar un recurso educativo, é importante que teñamos en conta a súa data de elaboración (especificada nas fichas técnicas) xa que os recursos se foron elaborando seguindo os termos definidos pola lei de educación vixente nese momento. Así mesmo, a data será importante naqueles recursos que recollen datos concretos. Estes datos poden ser actualizados en páxinas web como a do PNUD.
Por outro lado, este espazo enriquécese con novos recursos e experiencias educativas desenvolvidas por membros ou grupos da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global.
Co convencemento do moito que se aprende da propia práctica e da dos demais, os educadores e educadoras comparten en Kaidara as súas experiencias, entendendo estas como un proceso que coa autoavaliación e as avaliacións dos demais evolucionan para mellorar, adaptándose aos novos desafíos e contextos e incorporando os froitos da propia aprendizaxe adquirida no proceso.
Un último aspecto a ter en conta é o lingüístico. Kaidara é unha web que está en catro linguas: castelán, catalán, galego e éuscaro. Cando procurarmos recursos e experiencias, estes aparecerán en todos os idiomas en que estean dispoñíbeis. En termos xerais, os recursos para traballar co alumnado estarán dispoñíbeis nas catro linguas, mentres que os recursos para educadores e educadoras estarán dispoñíbeis no idioma orixinal da persoa que o elaborase.
Somos un grupo de educadores e educadoras que partillamos un soño e unha aposta…
…mudar a escola para mudar o mundo
a Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global é un colectivo plural de persoas, pertencentes a diferentes comunidades autónomas de todo o territorio español, que apostamos por unha escola comprometida coa construción dunha cidadanía global responsábel coa humanidade e co planeta.
Temos a convicción de que esta escola só é posíbel coa participación plena do colectivo docente. Con este obxectivo encontrámonos, formámonos, investigamos e creamos en rede para conseguir que as nosas propostas se incorporen nas crenzas, actitudes e políticas das persoas e institucións involucradas.
Tamén nos relacionamos con outros educadores e educadoras que, máis alá das fronteiras españolas, comparten connosco a idea e a proposta da Educación para una cidadanía global.
O noso obxectivo principalé contribuírmos para a construción dunha cidadanía global, responsábel co planeta e coa humanidade, respectuosa coa diversidade, participativa, mobilizada a favor dos dereitos humanos e comprometida coa xustiza, entre as xeracións novas e a poboación en xeral, desde os ámbitos educativos formais e non formais.
Este obxectivo xeral concrétase en dous específicos: facilitar procesos organizativos e participativos do profesorado para conseguir que a teoría e a práctica da Educación para a cidadanía global se incorporen nas crenzas, actitudes e políticas dos axentes e institucións vinculados ao ámbito educativo; e incrementar a investigación, a formación, a sistematización e o intercambio de experiencias desde a práctica.
“A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, xurdida da organización do profesorado, é unha estratexia coherente con esta convicción e cos eixes estratéxicos de IO.”
Irene Milleiro
Directora do Departamento de Campañas e Estudos (Oxfam Intermón)
A cidadanía global propón un modelo baseado na comunidade e no individuo:
consciente da dignidade de todas as persoas e o seu necesario exercicio,
consciente da súa pertenza a unha comunidade local e global ao mesmo tempo,
comprometido de xeito activo na consecución dun mundo máis xusto e sustentábel,
cuxo obxectivo é contribuír para erradicar a inxustiza e a pobreza.
Os cidadáns e cidadás globais
son conscientes da grande amplitude e dos desafíos do mundo actual,
recoñécense a si mesmos e aos demais como suxeitos con dignidade, con obrigas que cumprir e dereitos que poden ser esixidos, e con poder para conseguir mudanzas,
responsabilízanse das súas actuacións, indígnanse perante as inxustizas e fronte a calquera vulneración dos DDHH,
respectan e valorizan a equidade de xénero, a diversidade e as múltiplas pertenzas identitarias das persoas e dos pobos como fonte de enriquecemento humano,
interésanse por coñecer, analizar criticamente e difundir o funcionamento do mundo no económico, político, social, cultural, tecnolóxico e ambiental,
participan e comprométense coa comunidade nos diversos ámbitos, desde os locais aos máis globais, co fin de responder aos desafíos e conseguir un mundo máis equitativo e sustentábel,
contribúen para crear unha cidadanía activa, que combate a desigualdade a través da procura da redistribución do poder, das oportunidades e dos recursos.
Este buscador consta de catro campos de busca. non é necesario cubrir os catro, mais facelo pode ser útil para encontrar recursos concretos. Canto máis detallada sexa a busca, máis específicos serán os recursos que se obterán como resultado.
Campos de busca:
Palabra clave Este campo permite escribir unha palabra ou un conxunto de palabras concretas que se desexen encontrar na descrición do recurso. Esta busca pode ser realizada nos catro idiomas nos que está a plataforma: castelán, catalán, éuscaro e galego.
Temática / Tipoloxía / Público a que va dirixido Nestes campos, as categorías están definidas, co que o buscador se presenta en forma de menú desdobrábel. Pode ser seleccionada unha opción concreta, ou deixar o campo “ver todos” se non nos interesa concretar ningún campo.
Para definir as categorías da sección “temática”, optouse por simplificar a clasificación establecendo cinco grandes temáticas. Ao lado do desdobrábel pode verse un cadro explicativo dos temas concretos que recolle cada bloque.
Unha vez cubertos todos os campos que se precisen, hai que ir ao botón “busca” para obter a lista de resultados, que se mostrarán ordenados segundo a súa data de aparición en Kaidara, de máis recente a máis antigo. Seleccionade o que vos interese para ir á páxina da ficha técnica na que poderedes ver a información detallada do recurso e descargarvos o material.
Los contenidos de esta web, incluyendo, entre otros, imágenes, logotipos, gráficos, animaciones, textos o aplicaciones informáticas, cualesquiera que sea su formato, lenguaje de programación y forma de representación son propiedad de Oxfam Intermón con domicilio social en Roger de Llúria 15, 08010 Barcelona (España)., o bien ha adquirido los correspondientes derechos de sus propietarios, y están protegidos por las leyes y tratados internacionales en materia de propiedad intelectual y, en su caso, industrial, así como por la normativa reguladora de los nombres de dominio.
Se permite el uso de hipervínculos a esta web y la utilización o reproducción, total o parcial, sin ánimo de lucro, de sus contenidos siempre que se haga constar la fuente y se incluya un hipervínculo a esta web, y en los casos permitidos en los artículos 31 a 34 de la Ley de Propiedad Intelectual (Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril). Queda prohibido el uso de marcos (frames) o cualesquiera otros mecanismos destinados a ocultar el origen o fuente de los contenidos, cualquier uso, transformación o explotación de los mismos con finalidades comerciales, promocionales o contrarias a la ley, moral u orden público, que pudiera lesionar los intereses o perjudicar la imagen del Titular o de terceros legítimos, que constituyan competencia desleal o, en general, en contra de lo dispuesto en estas Condiciones de Uso.
USO DE COOKIES Y DEL FICHERO DE ACTIVIDAD
El prestador por su propia cuenta o la de un tercero contratado para la prestación de servicios de medición, pueden utilizar cookies cuando un usuario navega por el sitio web. Las cookies son ficheros enviados al navegador por medio de un servidor web con la finalidad de registrar las actividades del usuario durante su tiempo de navegación.
Las cookies utilizadas por el sitio web se asocian únicamente con un usuario anónimo y su ordenador, y no proporcionan por sí mismas los datos personales del usuario.
Mediante el uso de las cookies resulta posible que el servidor donde se encuentra la web, reconozca el navegador web utilizado por el usuario con la finalidad de que la navegación sea más sencilla, permitiendo, por ejemplo, el acceso a los usuarios que se hayan registrado previamente, acceder a las áreas, servicios, promociones o concursos reservados exclusivamente a ellos sin tener que registrarse en cada visita. Se utilizan también para medir la audiencia y parámetros del tráfico, controlar el progreso y número de entradas.
El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador para ser avisado de la recepción de cookies y para impedir su instalación en su equipo. Por favor, consulte las instrucciones y manuales de su navegador para ampliar esta información.
Para utilizar el sitio web, no resulta necesario que el usuario permita la instalación de las cookies enviadas por el sitio web, o el tercero que actúe en su nombre, sin perjuicio de que sea necesario que el usuario inicie una sesión como tal en cada uno de los servicios cuya prestación requiera el previo registro o “login”.
Las cookies utilizadas en este sitio web tienen, en todo caso, carácter temporal con la única finalidad de hacer más eficaz su transmisión ulterior. En ningún caso se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal.
DIRECCIONES IP
Los servidores del sitio web podrán detectar de manera automática la dirección IP y el nombre de dominio utilizados por el usuario. Una dirección IP es un número asignado automáticamente a un ordenador cuando ésta se conecta a Internet. Toda esta información es registrada en un fichero de actividad del servidor debidamente inscrito que permite el posterior procesamiento de los datos con el fin de obtener mediciones únicamente estadísticas que permitan conocer el número de impresiones de páginas, el número de visitas realizadas a los servicios web, el orden de visitas, el punto de acceso, etc.
SEGURIDAD
El sitio web utiliza técnicas de seguridad de la información generalmente aceptadas en la industria, tales como firewalls, procedimientos de control de acceso y mecanismos criptográficos, todo ello con el objeto de evitar el acceso no autorizado a los datos. Para lograr estos fines, el usuario/cliente acepta que el prestador obtenga datos para efectos de la correspondiente autenticación de los controles de acceso.
EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS Y RESPONSABILIDAD
OXFAM INTERMÓN no se hace responsable, en ningún caso, de los daños y perjuicios de cualquier naturaleza que pudieran ocasionar, a título enunciativo: errores u omisiones en los contenidos, falta de disponibilidad del portal o la transmisión de virus o programas maliciosos o lesivos en los contenidos, a pesar de haber adoptado todas las medidas tecnológicas necesarias para evitarlo.
ENLACES
Este sitio Web se dispone de enlaces o hipervínculos hacía otros sitios de Internet, OXFAM INTERMÓN no ejercerá ningún tipo de control sobre dichos sitios y contenidos. En ningún caso OXFAM INTERMÓN asumirá responsabilidad alguna por los contenidos de algún enlace perteneciente a un sitio Web ajeno, ni garantizará la disponibilidad técnica, calidad, fiabilidad, exactitud, amplitud, veracidad, validez y constitucionalidad de cualquier material o información contenida en ninguno de dichos hipervínculos u otros sitios de Internet. Igualmente la inclusión de estas conexiones externas no implicará ningún tipo de asociación, fusión o participación con las entidades conectadas. OXFAM INTERMÓN aconseja la lectura de los avisos legales específicos de cada sitio Web al que acceda.
Autoría: Marga Florensa, Mireia Claverol, Ferran Polo
Data: 2006
Temática: Desenvolvemento humano sustentábel
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos
Descrición
O obxectivo desta actividade é coñecer cómo evolucionou a dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED), analizar as causas que a xeraron e cómo son os mecanismos que provocan o seu aumento. Para iso, será lidos e analizados o texto e os cómics sobre a orixe e as consecuencias da dúbeda externa, e serán comentadas oralmente e por escrito as repercusións que a dúbeda externa ten para os PED. A duración desta actividade está prevista en días horas.
Observacións
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete pola Pobreza Cero, incluída na maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionadas co tema.
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
Esta actividade propón aos participantes que fagan unha lista dos bens e dos servizos que consumen, para reflexionar sobre os que se consideran indispensábeis ou prescindíbeis. Unha vez realizada a lista individual, ponse en común para traballar conxuntamente cáles dos bens e servizos se...... [+]
Esta actividade consiste na visualización e comentario do filme Ciudad de Dios, de Fernando Meirelles. Antes de proceder a ver o filme, son distribuídas follas en branco a cada persoa do grupo para apuntar aquelas imaxes, datos, etc. que crean que son xeradores ou multiplicadores da violencia....... [+]
A Escola con maiúsculas como axente de mudanza e transformación. A Escola Cristo de la Yedra está aberto á diversidade e á inclusión, vivindo este compromiso como unha riqueza e unha oportunidade. Tenta ser tamén unha Escola para todos e todas, asumindo de maneira creativa os ritmos diferentes...... [+]
Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.