KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Irak: na capa Volver
Autoría: Ferran Polo

Data: 2003

Temática: Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

Irak: na capa
 

Descrición
O obxectivo deste Global Express é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflito armado. Preténdese, deste xeito, superar e deixar en evidencia a simplificación dalgúns medios de comunicación social.

A partir da análise de fotografías, a primeira actividade pretende facer aflorar os sentimentos xerados polas imaxes e descubrir que quen máis sofre os conflitos armados é a poboación civil. O estudo do mapa do Irak actual e dos diferentes tratados e pactos mostra que o Irak é un país con fronteiras artificiais xurdido da colonización, cos problemas internos que implica o feito de que as referidas fronteiras non coincidan coas das nacionalidades que abarcan. Isto permite introducir o drama do pobo curdo, dividido entre o Irak, Turquía, Siria e Irán, e o feito de que se trata dun conflito rexional. A continuación, introdúcese unha actividade de reflexión sobre a importancia do petróleo nas nosas vidas e o papel que este xoga no conflito do Irak. A seguinte actividade ofrece ao alumnado a posibilidade de se converteren en investigadores e se iniciaren nunha lectura crítica dos medios de comunicación. Por último, ponse de manifesto a vulneración dos dereitos humanos que sofre a poboación iraquí como consecuencia do embargo internacional.


 

Observacións

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Iraq_actividad_CAS.pdf
Castellano
Descargar Iraq_actividad_CAT.pdf
Català
Descargar Iraq_actividad_EUS.pdf
Euskara
Descargar Iraq_actividad_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Iraq_dossier_y_guia_CAS.pdf

Iraq_dossier_y_guia_CAS.pdf

Descargar Iraq_dossier_y_guia_CAT.pdf

Iraq_dossier_y_guia_CAT.pdf

Descargar Iraq_dossier_y_guia_EUS.pdf

Iraq_dossier_y_guia_EUS.pdf

Descargar Iraq_dossier_y_guia_GAL.pdf

Iraq_dossier_y_guia_GAL.pdf

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Todos e todas xuntos pola saúde

Este monográfico identifica a relación existente entre alimentación, saúde e pobreza. Comeza con unha toma de conciencia sobre os nosos propios hábitos alimentarios para pasar a analizar despois as cifras desiguais entre distintos países do Sur e do Norte e pór en evidencia o impacto de...... [+]


 


...coa mesma idade

Mulleres como arma de guerra

Esta actividad forma parte de la carpeta de recursos Muévete. Armas bajo Control, incluida en la maleta pedagógica Armas bajo Control, que ofrece también otros materiales y actividades relacionados con el tema. ... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Dime qué móbil me compro

Esta experiencia é unha práctica de aula en que se estudan as competencias básicas do currículo relativas ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais, e consiste na realización dun plano de traballo encamiñado á compra dun teléfono móbil por parte do alumnado de 4.º da ESO e Bacharelato...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018