KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
A axencia de viaxesVolver
Autoría: Fernando Pérez Rodríguez

Data: 2007

Temática: Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 14 a 16 anos

A axencia de viaxes
 

Descrición

De forma simbòlica, esta unidade comeza coa distribución entre o alumnado de diferentes ofertas de viaxes a destinos que viven unha situación de conflito. Os destinos son países como Haití, a República Democrática do Congo ou Sudán, ou sitios no noso país que viven calquera situación de violencia (un instituto, un centro de internamento de menores inmigrantes, unha casa de mulleres maltratadas, etc). A actividade propón que o alumnado investigue sobre os diferentes casos que se formulan e suxire como actividade final unha sesión de vídeo fórum con filmes que traten o tema da violencia.

Esta unidade ten como obxectivo facer reflexionar aos rapaces e raparigas sobre os conflitos esquecidos, así como sobre as consecuencias que ten para as persoas as diferentes vías de xestión e transformación dos conflitos. Por último, pon sobre a mesa o compromiso e a responsabilidade da comunidade internacional coa protección das vítimas civís afectadas por conflitos armados.



 

Observacións

Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a travás de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar La_agencia_de_viajes_cast.pdf
Castellano
Descargar Hablando_se_entiende_la_gente_cat.pdf
Català
Descargar Hablando_se_entiende_la_gente_eus.pdf
Euskara
Descargar Hablando_se_entiende_la_gente_gal.pdf
Galego
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Leo e o misterio do labirinto

Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial,...... [+]


 


...coa mesma idade

A elaboración de Conectando mundos

Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas....... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Escenas da inmigración

Esta é unha experiencia con alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas identifiquen situacións reais vinculadas coa inmigración e sexan capaces de analizalas de forma crítica. Despois da participación en Conectando mundos_Soños...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018