KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O outro ollar das profesiónsVolver
Autoría: Irene Posadas Suárez

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

O outro ollar das profesións
 

Descrición

Durante máis de dúas semanas, o alumnado de Educación Infantil coñeceu, experimentou, comprobou, descubriu e, sobre todo, sentiu, que hai moitas profesións (non só as que se mostran nos seus libros), e que todas teñen algo que as diferencia, algo que as fai comúns e algo que as fai necesarias.

A experiencia realizada foi levada a cabo na etapa de infantil, 3, 4 e 5 anos, con as súas titoras e pais e nais, e combinaba dous proxectos interrelacionados e simultáneos: “Conectando mundos” e “O outro ollar das profesións”.

O obxectivo principal era mostrar ao alumnado que todas as profesións son dignas e que poden axudar a outros e facerte feliz desenvolvíndoas (todo depende do nivel de compromiso cun mesmo e coa sociedade).

Para iso, organizáronse unhas sesións con diferentes profesionais (pais e nais dos nenos e nenas) e unha recolla de datos por parte do alumnado (elaboración dun diario con preguntas) e actividades en recantos e asembleas.



 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2012, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_29.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O petróleo, unha riqueza envelenada

Este Global Express ten como obxectivo principal a toma de conciencia por parte do alumnado sobre a dependencia do petróleo do nos o estilo de vida e consumo. Igualmente, pon sobre a mesa as consecuencias que a produción deste combustíbel ten para as poboacións do Sur, máis alá dos problemas...... [+]


 


...coa mesma idade

Os 42 PPAE na clasificación do IDH

A partir da táboa do índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e cun mapa dos Países Pobres Altamente Endebedados (PPAE), proponse deducir a relación entre a pobreza e o nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, serán observados e analizados os datos do IDH en grupos de 3 ou 4 persoas....... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018