KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
A PROMESA. Cinefórum e xogo de rol sobre as emocións das persoas emigrantesVolver
Autoría: Pep Garrido Montblanch

Data: 2017

Temática: Identidade e diversidade cultural, Cultura de paz

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos, Educadores e educadoras

A PROMESA. Cinefórum e xogo de rol sobre as emocións das persoas emigrantes
 

Descrición

Este material é unha edición ampliada da guía didáctica para o profesorado “A promesa”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre a problemática da migración e quebrar tópicos e estereotipos sobre as migracións co alumnado da educación secundaria, tanto en educación formal como non formal.

As migracións son un feito masivo, mais non despersonalizado: cada emigrante ten a súa propia historia, e as súas emocións son persoais, únicas e xenuínas. Contra unha visión xeneralizadora e abstracta da persoa emigrante, esta proposta didáctica quere potenciar unha visión concreta e emocional da súa realidade a través das actividades propostas.

En primeiro lugar, proponse a introdución do tema a partir da visualización e o comentario dun filme (a escoller entre oito propostas) relacionada coa experiencia migratoria. Na guía é incluída unha breve introdución previa á súa visualización e unha guía para a súa análise posterior.

En segundo lugar, o xogo de rol que se deriva da visualización, cunha fase inicial de creación de personaxes, o xogo propiamente dito, que permitirá ao alumnado pórse no papel dunha persoa emigrante a través do percorrido polas distintas etapas do proceso migratorio, e un peche común para todo o grupo.



 

Observacións

 



 
 

Comentarios
kaidara (21-04-2017-14:58:17)
Hemos reeditado esta propuesta para que se pueda trabajar con una variedad de películas, esperamos que de esta manera os resulte más sencillo encontrar las películas en internet o bibliotecas.
 
Kaidara (03-10-2016-11:22:54)
Hola PIlar,
Moltes gràcies pel teu interès per aquesta proposta. La película se puede encontrar en bibliotecas y en webs de alquiler.
Esperamos que compartas tu valoración de la propuesta cuando lo hayas aplicado.
Salutacions
 
Pilar Rusca (21-09-2016-08:39:57)
Hola, on puc trobar la pel·lícula?

Gràcies.
mrusca2@xte.cat
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Castellano.pdf
Castellano
Descargar Catala.pdf
Català
Descargar Euskara.pdf
Euskara
Descargar Galego.pdf
Galego
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de...... [+]


 


...coa mesma idade

7+3=1. As trampas do comercio internacional

Este material ten como obxectivo abordar o actual sistema de comercio internacional, para mostrar as inxustizas que este xera. Para nos achegarmos ao tema, proponse nunha primeira sección reflexionar sobre o nivel de consumo propio, relacionándoo coa cobertura de necesidades e desexos, e tomando...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Tolerancia activa para unha cidadanía intercultural

Trátase dunha experiencia que pretende desenvolver actitudes de tolerancia e respecto para coas persoas inmigrantes a partir dun traballo sobre a diferenza e a diversidade. O primeiro paso foi tomar conciencia sobre as diferenzas entre o alumnado (gustos, crenzas, afeccións e procedencia) para...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017