KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O que o noso frigorífico ocultaVolver
Autoría: Israel García, Marga Florensa, Quique Porcar, Jordi Sant, M. Ángels Alié, Lucas Pérez, Anna Duch

Data: 2013

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos, Educadores e educadoras

O que o noso frigorífico oculta
 

Descrición

Este Global express explica cómo funciona o noso sistema alimentario, que fai que mil millóns de persoas pasen fame, mentres máis da metade dos habitantes dos países industrializados ten exceso de peso. Ofrece propostas para traballar na aula a forma en como facer fronte a esta inxustiza mediante os hábitos e as prácticas de consumo.

A metodoloxía proposta baséase na investigación-acción, a partir dun traballo en grupos e unha análise conxunta das conclusións. Após unha investigación inicial da nosa cesta da compra, e para abordar todos os elementos que entran en xogo no sistema alimentario (que son moitos e moi amplos), esta proposta presenta cinco investigacións distintas, para que en grupos levemos a cabo unha delas. Cada equipo de investigación seguirá a pista dun alimento: ananás, perca, carne, millo e pan.

As cinco investigacións seguen metodoloxías distintas, e isto dános a flexibilidade de propor al alumnado aquela investigación que sexa máis acorde cos seus intereses, habilidades e capacidades.

Con cada investigación obteremos distinta información, que posteriormente compartiremos para ter unha visión global do sistema alimentario. Despois, veremos posíbeis alternativas para abordar os problemas que detectamos e terminaremos por nos preguntar o que podemos facer como consumidores e consumidoras para contribuír para a mudanza.



 

Observacións

Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula.

Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.



 
 

Comentarios
lolA (02-02-2014-14:08:02)
ME GUSTO
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Lo_que_nuestra_nevera_esconde_ES.zip
Castellano
Descargar Lo_que_nuestra_nevera_esconde_CAT.zip
Català
Descargar Lo_que_nuestra_nevera_esconde_EUS.zip
Euskara
Descargar Lo_que_nuestra_nevera_esconde_GAL.zip
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Lo_que_nuestra_nevera_esconde_ingles.zip

Lo_que_nuestra_nevera_esconde_ingles.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Cara a unha cidadanía global. Proposta de competencias básicas

Relatorio desenvolvido por Intermón Oxfam coas contribucións ao proceso de desenvolvemento da LOE, ao que o Ministerio de Educación e Ciencia convocou para participar a organizacións e entidades. Este relatorio defende que educar para unha cidadanía global significa educar para a intención...... [+]


 


...coa mesma idade

En xuramento

Este material ten como obxectivo reflexionar sobre as condicións laborais noutros países e sensibilizar fronte ás inxustizas do comercio internacional. Mediante a representación dunha obra, preténdese que o público tome parte nela e decida o seu desenvolvemento. A obra de teatro céntrase...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Proceso de sistematización de experiencias educativas desde a abordaxe da Educación para unha cidadanía global (ECG)

A experiencia pretende unha primeira aproximación á sistematización como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a práctica educativa desde a abordaxe de ECG, ao tempo que iniciar procesos de construción grupal e continuar a consolidar a Rede en PVCANT. No proceso, participaron...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019