KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Colaxe de carteis / Conectando mundos_Soños de AndoriñaVolver
Autoría: Pablo Cuenca Pascual

Data: 2010

Temática: Identidade e diversidade cultural, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

Colaxe de carteis / Conectando mundos_Soños de Andoriña
 

Descrición

Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións.

O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes, como da comunidade de acollida.

A colaxe de carteis na vila, que ía acompañada dunha explicación sobre o motivo da iniciativa, foi complementada por un conxunto de charlas organizadas polos alumnos e alumnas para o resto do alumnado da escola e todo os seus profesores e profesoras, nas cales se promovía a reflexión sobre a realidade e acerca das propias actitudes.



 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_23_ESP.pdf
Castellano
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Pegada_de_carteles_CM_PORTUGUES.pdf

Pegada_de_carteles_CM_PORTUGUES.pdf

 
Pechar galería

galeria de fotos
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Os medos. A morte

A escola ten que estar aberta a todas as realidades da vida, sen escrúpulos, aínda que si con moito respecto. Morte e vida son dúas faces dunha mesma moeda e non existe unha sen a outra. Convívese con ela a diario, e non querer ollala, non a fai desaparecer. Este é un proxecto de traballo...... [+]


 


...coa mesma idade

En xuramento

Este material ten como obxectivo reflexionar sobre as condicións laborais noutros países e sensibilizar fronte ás inxustizas do comercio internacional. Mediante a representación dunha obra, preténdese que o público tome parte nela e decida o seu desenvolvemento. A obra de teatro céntrase...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

O Club da Convivencia

O Club da Convivencia nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde unha abordaxe non disciplinaria nin reactiva, senón participativa e proactiva. Para iso, partimos do proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que elaboramos na Rede de Madrid (“O Club da Insubmisión”)...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018