KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Political Parties in 4th ESO Volver
Autoría: Mª Carmen Afonso Mederos

Data: 2016

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

Political Parties in 4th ESO
 

Descrición

Este proxecto foi realizado nun grupo de 4.º da ESO na materia de inglés, coincidindo coa campaña electoral previa ás eleccións municipais de maio de 2015. Despois de ter traballado a proposta de Conectando mundos, espértase no alumnado a conciencia crítica sobre a situación social, económica e política actual, e a necesidade de transformala. Por iso, propónselle unha iniciativa para forneceren solucións concretas mediante o deseño dun partido político e a elaboración dun programa electoral con propostas sobre temas específicos.

Para poder alcanzar eses obxectivos, é adoptada unha metodoloxía de aprendizaxe significativa, partindo da súa realidade máis concreta, “o centro educativo ideal”, para despois chegar a deseñar unha proposta política máis ampla para atinxir o seu “país ideal”. Con esta proposta, trabállase a abordaxe crítica desde a análise sistemática da realidade, e refórzanse competencias dialóxicas do alumnado, con múltiplas actividades guiadas de minidiálogos sobre temas moi próximos, que foron sendo ampliados en tempo e profundidade ao longo de varias semanas.



 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no VI Seminario “Educar para unha cidadanía global”, celebrado en Barcelona en xullo de 2015, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara. 



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_57_ESP.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Conectando mundos para educar cidadáns e cidadás globais

Este artigo dunha profesora de Secundaria do centro IES Faro de Maspalomas de Gran Canaria permítenos aproximarnos da experiencia que representa participar na proposta educativa Conectando mundos de Oxfam Intermón, en que participan desde hai xa trece anos millares de mozas e mozos de 12 a 16 anos...... [+]


 


...coa mesma idade

Salgados, investigadores privados. Xincana

Esta xincana pretende achegar o alumnado ao funcionamento do comercio e da economía mundial, así como a alternativa do comercio xusto e do consumo responsíbel. Os nenos e nenas fan parte dunha axencia de detectives, que se dedica a facer investigacións de diferentes tipos. Mais...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Conectando mundos “Dereitos sen fronteiras” máis alén da aula: migracións e refuxiados no IES Murillo

Un conxunto de actividades xeradas a raíz da edición deste curso de Conectando mundos, que fixeron que un eixo fundamental de traballo no centro fose o problema das migracións e dos refuxiados. Partindo dun traballo interdisciplinario de “Dereitos sen fronteiras”, foron realizadas unhas...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018