KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Afganistán: guerra contra o terrorismo? Volver
Autoría: Ferran Polo

Data: 2001

Temática: Identidade e diversidade cultural, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

Afganistán: guerra contra o terrorismo?
 

Descrición

Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes, a primeira actividade pon de manifesto que a poboación civil é quen máis sofre nunha guerra. A continuación, pásase a analizar quén se beneficia da situación, evidenciando algúns dos intereses que se esconden detrás da chamada “guerra contra o terrorismo”. Por último, preséntanse catro temas de debate que pretenden fomentar o espírito crítico do alumnado perante os acontecementos mundiais e potenciar, tamén, actitudes críticas fronte á cultura da violencia e da guerra.



 

Observacións

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Afganistan_actividad_CAS.pdf
Castellano
Descargar Afganistan_actividad_CAT.pdf
Català
Descargar Afganistan_actividad_EUS.pdf
Euskara
Descargar Afganistan_actividad_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Afganistan_dossier_y_guia_CAS.pdf

Afganistan_dossier_y_guia_CAS.pdf

Descargar Afganistan_dossier_y_guia_CAT.pdf

Afganistan_dossier_y_guia_CAT.pdf

Descargar Afganistan_dossier_y_guia_EUS.pdf

Afganistan_dossier_y_guia_EUS.pdf

Descargar Afganistan_dossier_y_guia_GAL.pdf

Afganistan_dossier_y_guia_GAL.pdf

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

A Educación para a Cidadanía Global desde as aulas de acollida

Esta experiencia consiste na aplicación dos contidos da Educación para a Cidadanía Global (ECG) nas aulas de acollida do IES Santa Eugenia de Xirona. As aulas de acollida, que son percibidas só como recursos para a acollida lingüística do alumnado inmigrante, son espazos privilexiados desde...... [+]


 


...coa mesma idade

Arxentina afúndese na crise

O obxectivo deste Global Express é identificar e entender a gran variedade de factores e actores que interveñen nunha crise socioeconómica como a que viviu a Arxentina no ano 2002. A partir da análise de imaxes, preténdese xerar a empatía do alumnado coa poboación arxentina, así como ver os...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Un conto sobre os muros

Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019