KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Cancións sen fronteiras (10-12)Volver
Autoría: Barabara Educació SCCL.

Data: 2017

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 10 a 12 anos

Cancións sen fronteiras (10-12)
 

Descrición

Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos.

Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna e en paz

 




 

Observacións

Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Dereitos sen fronteiras", elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Esp_10-12.zip
Castellano
Descargar Cat_10-12.zip
Català
Descargar Eusk_10-12.zip
Euskara
Descargar Gal_10-12.zip
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Eng_10-12.zip

Eng_10-12.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Johannesburgo: salvemos a Terra? ou non

O obxectivo deste Global Express é coñecer e analizar criticamente algúns dos temas abordados e os resultados obtidos no Cumio da Terra 2002, celebrado en Johannesburgo. A observación da fotografía permite na primeira actividade introducir o tema do Cumio da Terra e investigar coñecementos...... [+]


 


...coa mesma idade

Salgados, investigadores privados. Xincana

Esta xincana pretende achegar o alumnado ao funcionamento do comercio e da economía mundial, así como a alternativa do comercio xusto e do consumo responsíbel. Os nenos e nenas fan parte dunha axencia de detectives, que se dedica a facer investigacións de diferentes tipos. Mais...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

O noso horto cooperativo

Encadrado no Proxecto Escola Espazo de Paz, foi creado un Horto Escolar organizando a participación do alumnado do centro, tutelado polo alumnado de 6.º de Educación Primaria e implicando todos os niveis de 1.º a 5.º a través de Equipos de Aprendizaxe Cooperativa “O Noso Horto Cooperativo”....... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018