KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Contos para vivir, contos para pensarVolver
Autoría: Barabara Educació SCCL

Data: 2016

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 8 a 10 anos

Contos para vivir, contos para pensar
 

Descrición

Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade.

Nesta etapa, o patio de xogos da escola tórnase en protagonista, un lugar en que compartir espazos para dar cabida à diversidade. A través das historias que acontecen nun patio de escola, son propostas varias actividades para facilitar a reflexión sobre as tarefas da casa e os coidados, os estereotipos ou a discriminación.

Para finalizar, proponse escribir un conto colaborativo que mostre todo o que foi descuberto durante o desenvolvemento da proposta.

 



 

Observacións

Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Camiños de igualdade”, elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.

 
 



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Cuentos_para_vivir_ES.zip
Castellano
Descargar 8_10_Contes_per_viure_i_pensar_CAT.zip
Català
Descargar 8_10_Bizitzeko_Ipuniak__pentsatzeko_ipuinak.zip
Euskara
Descargar 8_10_Contos_para_vivir_contos_para_pensar.zip
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar 8_10_English.zip

8_10_English.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Dos criterios de calidade ao currículo de aula

A práctica consiste en xerar espazos e motivacións para que o profesorado que quere traballar na súa aula contidos de Educación para unha Cidadanía Global poidan levalo a cabo desde o seu ser e facer cotián da súa práctica docente. Con este proxecto tornouse posíbel que os "Criterios...... [+]


 


...coa mesma idade

Unha vacina contra a pobreza

Este monográfico ten como obxectivo recoñecer a saúde como un dereito universal e os servizos sanitarios como un ben público global. Igualmente, establece a relación entre saúde e pobreza. A primeira actividade recoñece que detrás das doenzas hai persoas doentes. A continuación,...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Somos iguais. Somos diferentes

Esta experiencia relata o traballo de titoría realizado no Colexio Cristo de la Yedra J-M (Granada), cuxo obxectivo é potenciar no grupo-aula os valores e a riqueza da igualdade e das diferenzas ao longo dun curso escolar. Este traballo, realizado nunha aula de 1.º de Educación Primaria,...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017