KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O consumo responsábel nos centros educativosVolver
Autoría: Red valenciana de educadores y educadoras para una ciudadanía global

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: 3 a 6 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos, 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos, Educadores e educadoras

O consumo responsábel nos centros educativos
 

Descrición

O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario.

Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo de desenvolvemento dos países do Norte.

O documento pretende ser unha guía de traballo para todos os centros educativos, comeza encadrando a actividade nos seus fundamentos teóricos para despois dar paso a unha recompilación de actividades prácticas para levar á aula e traballar o consumo responsábel co alumnado dos centros educativos. O documento pecha a proposta con actividades e ferramentas para a avaliación e unha guía de recursos.



 

Observacións

Este documento nace tomando como punto de partida o libro de Protozoos Insubmisos de Araceli Caballero. Como nos di a autora: “queremos converter o consumo en instrumento de construción de cidadanía”. Queremos explorar as consecuencias ambientais e sociais do actual modelo de desenvolvemento e concienciar sobre cómo repercuten con máis forza nos países menos favorecidos e o que podemos facer nós como persoas de a pé. En resumo, formar cidadáns e cidadás que sexan conscientes da responsabilidade das propias decisións e accións.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar ConsumoResponsable_def.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Ensinar creando para aprender construiéndo

O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os...... [+]


 


...coa mesma idade

Bolivia e o dereito á auga

Este material ten como obxectivo analizar unha situación concreta relacionada co dereito á auga e á propiedade, e mostrar accións cidadés que procuran a xustiza social. A actividade comeza coa lectura dun artigo para contextualizar o tema. Proponse despois un xogo de rol en grupos...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Xogos cooperativos

Esta experiencia relata as sesións que se realizan un domingo por mes no Museo da Paz de Gernika, cuxo obxectivo é fomentar os xogos cooperativos entre nenos e nenas de 12 anos, e tamén entre os adultos que se animan a participar. Trátase dunha práctica que promove valores de cooperación,...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018