KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O petróleo, unha riqueza envelenadaVolver
Autoría: Ferran Polo

Data: 2006

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

O petróleo, unha riqueza envelenada
 

Descrición
Este Global Express ten como obxectivo principal a toma de conciencia por parte do alumnado sobre a dependencia do petróleo do nos o estilo de vida e consumo. Igualmente, pon sobre a mesa as consecuencias que a produción deste combustíbel ten para as poboacións do Sur, máis alá dos problemas ambientais e xeoestratéxicos que implica a súa posesión, extracción e comercialización.
 
Este material comeza co traballo dunha fotografía que permite sondar o alumnado con relación aos seus coñecementos previos sobre o tema. “O petróleo, unha riqueza envelenada” ofrece ademais unha visión completa de quen está detrás do negocio do petróleo, desde os principais países produtores até as grandes empresas que o refinan e o comercializan. Pon de manifesto tamén a vinculación entre este combustíbel e algúns dos conflitos armados sufridos en países como Angola, Sudán, Chad, Bolivia, México ou países do Oriente Medio. A través da historia do labrego André Deoutol, de Chad, preténdese que o alumnado tome conciencia da situación de pobreza extrema en que se encontran as persoas que viven nas zonas petrolíferas. Finalmente, pretende facer descubrir aos mozos xeitos diferentes de actuar como cidadáns e cidadás para mudar esta inxustiza.



 

Observacións

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
yo (07-03-2012-12:51:20)
esto es verdad
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Petroleo_actividad_CAS.pdf
Castellano
Descargar Petroleo_actividad_CAT.pdf
Català
Descargar Petroleo_actividad_EUS.pdf
Euskara
Descargar Petroleo_actividad_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar dossier_y_guia_cast.zip

dossier_y_guia_cast.zip

Descargar dossier_y_guia_cat.zip

dossier_y_guia_cat.zip

Descargar dossier_y_guia_eus.zip

dossier_y_guia_eus.zip

Descargar dossier_y_guia_gal.zip

dossier_y_guia_gal.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Pastillas para a memoria (14-17)

Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas...... [+]


 


...coa mesma idade

Verde por fora, negro por dentro

O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

A cidadanía global en deseño 3D

Esta actividade xorde co obxectivo de fomentar a participación activa do alumnado e conseguir un compromiso para a construción da cidadanía global, explorando as posibilidades da modelaxe e da construción en 3D. Os/as alumnos/as seleccionan unha palabra relacionada con cidadanía global con...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017