KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Colaborando co horto comunitario do barrioVolver
Autoría: Mercè Gil Viñas

Data: 2017

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel

Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa

Público destinatario: Educadores e educadoras

Colaborando co horto comunitario do barrio
 

Descrición
Proxecto de aprendizaxe-servizo no horto comunitario do barrio. Do 24 de xaneiro até o 28 de marzo de 2017, os alumnos aprenderon nocións de sementeira, preparación de sementeiros, tipos de hortalizas, asociación de cultivos, calendario do horto, compostaxe, etc., grazas a algúns veciños usuarios, que se organizaron para atender os alumnos. Pola súa vez, os mozos axudáronos nos labores habituais do horto. Os 18 alumnos participantes no proxecto traballaron xuntos, en grupos de catro, cada grupo a cargo dun veciño. En cada sesión, un alumno encargouse de redactar a crónica do día e tirar fotografías para o blog. O proxecto vinculou contidos ambientais (importancia da agricultura urbana, a diversidade de cultivos, o desperdicio alimentario) coa xustiza alimentaria global. Pola súa vez, favoreceu o coñecemento de movementos veciñais a favor do
medio ambiente, organizados espontaneamente, dinamizadores do tecido social do barrio e sen fins lucrativos.


 

Observacións

Esta experiencia foi presentada no VII Seminario “Educar para unha cidadanía global”, celebrado en los Negrales en xullo de 2017, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara. 



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Exp_Kaidara_65_ESP.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Como se articula unha acción de incidencia política desde a aula?

A partir do traballo realizado de forma telemática durante a edición 2011-12 do Conectando mundos (CM), e a partir das conclusións elaboradas conxuntamente no encontro territorial, preparamos na aula o acto de incidencia cunha deputada do Parlamento catalán, acción coa que concluíu en...... [+]


 


...coa mesma idade

Verde por fora, negro por dentro

O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018