KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Marta está contenta Volver
Autoría: Ester Casals

Data: 2006

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 3 a 6 anos

Marta está contenta
 

Descrición

Este material pretende profundar no tema da pobreza a partir dunha situación concreta e próxima do alumnado: a historia de Marta, na que seu pai perde o emprego e que está contextualizada no noso país e na nosa realidade. O desemprego é un fenómeno que afecta unha cantidade importante de persoas. A familia de Marta ten cubertas as súas necesidades básicas, mais a noticia inesperada do despedimento do pai provoca un desequilibrio e unha preocupación debida é repentina falta de oportunidades no campo laboral. Desta forma, apréndese a coñecer, entender e avaliar que hai necesidades básicas para poder crecer e vivir con dignidade e profúndase nos sentimentos e nas actitudes que unha situación deste tipo xera nos diferentes membros da familia.

Unha vez coñecemos a Marta e sabemos cómo se sente, proponse ao alumnado facer un pastel de chocolate como os que lle gustan a ela. Cociñar na casa é unha das alternativas cando non hai diñeiro para comprar determinadas cousas. Igualmente, a través da doenza de Marta, ábrese a reflexión sobre o dereito á saúde e o feito de que moitos nenos e nenas fican excluídos de algo tan básico como ir ao médico ou comprar medicamentos. Tamén o aniversario da irmá mostra cómo Marta e a avoa lle regalan unha boneca feita por elas mesmas, nun novo exemplo de cómo unha situación de falta de diñeiro, obriga a familia a xerar novas dinámicas. O material quere poñer énfase en que unha vez cubertas as necesidades básicas (alimentación, educación, saúde, etc.), é máis importante para o neno e a nena que estean con eles e gozar xuntos do que se fai, máis do que lles comprar grandes cousas. No final do material, o pai de Marta encontra un novo emprego que trae de novo a tranquilidade ao lar.



 

Observacións

Esta carpeta fai parte da maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e unha carpeta de recursos para Secundaria.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Marta_esta_contenta_CAST.pdf
Castellano
Descargar Marta_esta_contenta_CAT.pdf
Català
Descargar Marta_esta_contenta_EUSK.pdf
Euskara
Descargar Marta_esta_contenta_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Guia_Marta_y_Kydane_CAST.pdf

Guia_Marta_y_Kydane_CAST.pdf

Descargar Guia_Marta_y_Kydane_CAT.pdf

Guia_Marta_y_Kydane_CAT.pdf

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Falando é como as persoas se entenden

Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias...... [+]


 


...coa mesma idade

Convivindo en igualdade

Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Conectando mundos

Esta experiencia, realizada nunha escola de Portugal, baseouse na utilización dunha metodoloxía participativa, xa que a súa formulación inicial partiu da preocupación de que todo o alumnado implicado no proxecto participase de forma activa, dando en todo o momento a súa opinión. Para chegar...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018