KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
O principio dun Ggran REDEcorrido: 10 anos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía globalVolver
Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global / Oxfam Intermón

Data: 2017

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

O principio dun Ggran REDEcorrido: 10 anos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global
 

Descrición

A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global está formada por un colectivo diverso de educadores e educadoras de todo o territorio español que apostamos por unha escola comprometida coa construción dunha cidadanía global responsábel coa humanidade e co planeta. Con este obxectivo, encontrámonos, formámonos, investigamos e creamos en rede para conseguir que as nosas propostas se incorporen nas crenzas, actitudes e políticas das persoas e institucións envolvidas.

Este documento recolle a memoria dos 10 primeiros anos da Rede, que foi presentada no VII Seminario da Rede, que tivo lugar nos días 7, 8 e 9 de xullo en Los Negrales, Madrid. Nesta memoria, inclúese un breve resumo dos antecedentes da Rede, así como os seus obxectivos e os avances realizados en cada unha das dimensións de traballo desta: a organizativa, a creadora, a investigadora e formativa, a comunicadora, a política e a socioafectiva. Ademais, inclúese o traballo realizado desde os distintos grupos territoriais e algunhas reflexións de distintos educadores e educadoras en torno dos 10 anos de vida da Rede.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar OI_Memoria.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

7+3=1. As trampas do comercio internacional

Este material ten como obxectivo abordar o actual sistema de comercio internacional, para mostrar as inxustizas que este xera. Para nos achegarmos ao tema, proponse nunha primeira sección reflexionar sobre o nivel de consumo propio, relacionándoo coa cobertura de necesidades e desexos, e tomando...... [+]


 


...coa mesma idade

Desenvolvemento interrompido

Esta actividade ten como obxectivo coñecer as consecuencias dos conflitos armados sobre o desenvolvemento dos países do Sur. Para iso, danse a analizar algúns datos do índice de Desenvolvemento Humano, como a esperanza de vida, as taxas de alfabetización e escolarización, o PIB per cápita,...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Dos criterios de calidade ao currículo de aula

A práctica consiste en xerar espazos e motivacións para que o profesorado que quere traballar na súa aula contidos de Educación para unha Cidadanía Global poidan levalo a cabo desde o seu ser e facer cotián da súa práctica docente. Con este proxecto tornouse posíbel que os "Criterios...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017