KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Memoria do VII Seminario “Educar para unha cidadanía global”Volver
Autoría: Oxfam Intermón

Data: 2018

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Memoria do VII Seminario “Educar para unha cidadanía global”
 

Descrición

O VII Seminario “Educar para unha cidadanía global” non foi máis un: a Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (Rede EyECG) alcanza o seu décimo aniversario, e os aniversarios son as mellores festas porque celebran a vida. Con este ánimo, reuníronse unhas 80 persoas do 7 ao 9 de xullo de 2017 en Los Negrales (Madrid). A efeméride impregnou todo o Seminario, xa que o que a Rede é hoxe nace do camiño percorrido e, moi especialmente, das persoas que o foron transitando. Todas deixaron a súa marca e todas estiveran moi presentes na celebración.

Ademais da celebración, as metodoloxías para a construción dunha cidadanía global foron o fío condutor de tres días de intenso traballo. A través de conversas, mesas redondas e, sobre todo, obradoiros e actividades participativas, os e as participantes debateron como construír un mundo máis xusto e máis solidario desde a práctica educativa, compartiron aprendizaxes e analizaron experiencias comprometidas coa mudanza e coa xustiza social no ámbito da aula, centro e contorno, e identificaron novas oportunidades para a acción, do local ao global.



 

Observacións

As experiencias presentadas neste seminario poden encontrarse tamén en Kaidara



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar VII_memoria_seminari_003.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Convivimos na diversidade

Esta experiencia comeza a súa andadura no noso centro, como Proxecto de Interculturalidade, no curso 2009-2010. Xurdiu como resposta a unha necesidade: a incorporación de alumnado procedente doutros países nun importante número, particularmente da América Latina, co que o facían co curso comezado....... [+]


 


...coa mesma idade

Noaga, a auga e nós

O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. A través da historia de Noaga, de Burkina Faso, o alumnado achágase a unha realidade diferente. Desta forma, preténdese favorecer condutas...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Proxecto "O muro"

A experiencia encádrase na proposta de Oxfam Intermón Conectando mundos 2017, “Dereitos sen fronteiras”. Implicou un percorrido adaptado à capacidade do noso alumnado, para os aproximar da situación en que se encontran moitas persoas que se ven obrigadas a abandonar o seu país de orixe para...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019