KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Orientacións teórico-prácticas para a sistematización de experiencias Volver
Autoría: Óscar Jara Holliday

Data: 2011

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Orientacións teórico-prácticas para a sistematización de experiencias
 

Descrición

Óscar Jara Holliday, Director Xeral do Centro de Estudos e Publicacións Alforja (San Xosé, Costa Rica) e coordinador do Programa Latinoamericano de Apoio é Sistematización de Experiencias do CEAAL (Consello de Educación de Adultos da América Latina) fornácenos unha guía con orientacións ao nivel teórico e práctico para levar a cabo un proceso de sistematización de experiencias educativas.

En palabras de Óscar Jara, recollidas nunha entrevista para a revista Matinal en 2010 e que podedes encontrar tamén en Kaidara: “O esencial da sistematización de experiencias reside en que se trata dun proceso de reflexión e interpretación crítica sobre a práctica e desde a práctica, que se realiza sobre a base da reconstrución e ordenamento dos factores obxectivos e subxectivos que interviñeron nesa experiencia, para extraer aprendizaxes e compartilos. Por iso, a simple recuperación histórica, narración ou documentación dunha experiencia, aínda que sexan exercicios necesarios para realizala, non son propiamente unha ’sistematización de experiencias’. Igualmente, se falarmos de ordenar, catalogar ou clasificar datos ou informacións dispersas, estaremos a falar de ‘sistematización’ de datos ou de informacións; nós utilizamos o mesmo termo, mais referido a algo máis complexo e vivo que son as experiencias e que implican realizar unha interpretación crítica, polo que utilizamos sempre o termo composto: ‘sistematización de experiencias’ e non só dicimos ‘sistematización’”.

A sistematización de experiencias vai permitir aos e ás educadoras apropiármonos criticamente das nosas experiencias, pondo en diálogo crítico os actores que interveñen no proceso e extraendo aprendizaxes que contribuirán para melloralas.

Acompaña a esta guía unha proposta de ficha de recuperación de aprendizaxes e a entrevista, mencionada anteriormente, que a revista Matinal realizou a Óscar Jara entre xullo e setembro de 2010.



 
 

Comentarios
mireya bustamante (24-03-2012-15:35:27)
Donde se concreta la sistematizacionen el proceso educativo? Como?
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Orientaciones_teorico-practicas_para_sistematizar_experiencias.pdf
Castellano
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar Entervista_con_Oscar_Jara_Revista_Matinal.pdf

Entervista_con_Oscar_Jara_Revista_Matinal.pdf

Descargar Ficha_de_recuperacion_de_aprendizajes.doc

Ficha_de_recuperacion_de_aprendizajes.doc

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Consumista eu?

Esta edición de Global Express ten como obxectivo reflexionar sobre os patróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias ambientais e sociais do noso consumo e do noso modelo económico. Co pretexto do Nadal, este material pretende mostrar a influencia que ten o noso ambiente no consumo...... [+]


 


...coa mesma idade

A elaboración de Conectando mundos

Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas....... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Aula hospitalaria e atención educativa domiciliaria

Os Programas de Aulas Hospitalarias e Atención Educativa en Domicilio son medidas de compensación educativa para dar respostas ás necesidades específicas do alumnado que, por motivo de doenza, debe permanecer hospitalizado ou convalecente no seu domicilio. O obxectivo fundamental destes...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018