KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Puk e o muro Volver
Autoría: Germán García (vídeo), equipo educativo de Intermón Oxfam (contenidos)

Data: 2006

Temática: Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos

Puk e o muro
 

Descrición

Esta unidade comeza coa visualización dun vídeo, “Puk e o muro”, que de forma simbólica nos convida a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsíbel fronte a situacións de violencia e inxustiza como medio para garantir a paz. Tras o comentario do vídeo, proponse a análise de noticias que presentan situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. A modo de conclusión, o alumnado é convidado a imaxinar solucións para fomentar unha cultura de paz.



 

Observacións

Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a través de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Puk_y_el_muro_cast.pdf
Castellano
Descargar Puk_y_el_muro_cat.pdf
Català
Descargar Puk_y_el_muro_eus.pdf
Euskara
Descargar Puk_y_el_muro_galego.pdf
Galego
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Historias de auga envelenada

A través das personaxes de Bety do Perú, Hanna da Etiopía e Frank de España, este material pretende reflexionar sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Tamén formula as súas consecuencias para a saúde e a calidade de vida das persoas, co obxectivo...... [+]


 


...coa mesma idade

O consumo responsábel nos centros educativos

O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

O Club da Convivencia

O Club da Convivencia nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde unha abordaxe non disciplinaria nin reactiva, senón participativa e proactiva. Para iso, partimos do proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que elaboramos na Rede de Madrid (“O Club da Insubmisión”)...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019