KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global Volver
Autoría: Giulia Pizzuti

Data: 2016

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global
 

Descrición

Na presente Tese de Doutoramento, son analizadas as principais causas e consecuencias que conduciron á actual crise sistémica, considerando novos modelos sustentábeis de desenvolvemento económico fundamentados nunha relación diferente entre mercados e institucións, na complementariedade da esfera local e global das relacións económicas, sociais e políticas, e na posibilidade de contar cun sistema educativo que facilite a construción dunha cidadanía global.

Con este obxectivo, contémplanse tres niveis de interpretación estreitamente vinculados entre si: a análise da política económica dominante nos seus aspectos cuantitativos e cualitativos; a evolución da visión cultural neoliberal e a consideración do paradigma cultural e do senso común que, afectando a opinión pública, contribuíu para o desenvolvemento das políticas deste modelo.

Partindo da abordaxe da Educación para unha Cidadanía Global de Oxfam Intermón, analízase en qué medida, desde as institucións e desde o ámbito da cooperación, susténtase a posta en marcha de actividades didácticas caracterizadas polos principios e polos valores da ECG. E, finalmente, son presentados os resultados do estudo de caso dirixidos a destacar os elementos que facilitan e/ou dificultan a incorporación dos valores, contidos e metodoloxías da Educación para unha Cidadanía Global nos centros de primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Andalucía.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Tesis_Doctoral_GiuliaPizzuti.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Memoria do IV Seminario ?Educar para unha cidadanía global?

Do 30 de outubro ao 1 de novembro de 2010, realizouse en El Escorial (Madrid) o IV seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede ECG, e que reuniu máis de noventa persoas, procedentes de diversos puntos de España e algúns educadores e educadoras convidados de Portugal...... [+]


 


...coa mesma idade

Quen debe a quen? Pagar ou non pagar?

Esta actividade consiste nun xogo de rol e nun debate sobre a condonación da dúbeda dos Países En Desenvolvemento (PED). O obxectivo é fomentar unha reflexión a fondo sobre a xustiza e a necesidade da anulación da dúbeda externa dos PED e pór en evidencia que a condonación da dúbeda...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Era unha vez una Troita Mocha...

Esta experiencia que nos chega de Portugal ten como obxectivo principal facilitar a comprensión das relacións que existen entre a vida das persoas nas nosas rexións e noutras partes do mundo. Este proxecto traballouse desde as áreas de Lingua Portuguesa (elaboración de textos) e Educación...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017