KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global Volver
Autoría: Giulia Pizzuti

Data: 2016

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global
 

Descrición

Na presente Tese de Doutoramento, son analizadas as principais causas e consecuencias que conduciron á actual crise sistémica, considerando novos modelos sustentábeis de desenvolvemento económico fundamentados nunha relación diferente entre mercados e institucións, na complementariedade da esfera local e global das relacións económicas, sociais e políticas, e na posibilidade de contar cun sistema educativo que facilite a construción dunha cidadanía global.

Con este obxectivo, contémplanse tres niveis de interpretación estreitamente vinculados entre si: a análise da política económica dominante nos seus aspectos cuantitativos e cualitativos; a evolución da visión cultural neoliberal e a consideración do paradigma cultural e do senso común que, afectando a opinión pública, contribuíu para o desenvolvemento das políticas deste modelo.

Partindo da abordaxe da Educación para unha Cidadanía Global de Oxfam Intermón, analízase en qué medida, desde as institucións e desde o ámbito da cooperación, susténtase a posta en marcha de actividades didácticas caracterizadas polos principios e polos valores da ECG. E, finalmente, son presentados os resultados do estudo de caso dirixidos a destacar os elementos que facilitan e/ou dificultan a incorporación dos valores, contidos e metodoloxías da Educación para unha Cidadanía Global nos centros de primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Andalucía.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Tesis_Doctoral_GiuliaPizzuti.pdf
Castellano
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Como se articula unha acción de incidencia política desde a aula?

A partir do traballo realizado de forma telemática durante a edición 2011-12 do Conectando mundos (CM), e a partir das conclusións elaboradas conxuntamente no encontro territorial, preparamos na aula o acto de incidencia cunha deputada do Parlamento catalán, acción coa que concluíu en...... [+]


 


...coa mesma idade

Comunidades de paz

A través do texto sobre a Comunidade de Paz de San José de Apartado, en Colombia, dáse a coñecer unha iniciativa de construción de paz. Este exemplo mostra unha alternativa non violenta ao sistema de vida que invade un país inmerso nun conflito de longa duración. Para contextualizar esta...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Desde os obradoiros á mobilización social

Esta experiencia foi levada a cabo no CEIP Plácido Fleitas (Telde, Gran Canaria) e é un proxecto de centro para sensibilizar o alumnado, profesorado e familias sobre a situación da pobreza no mundo, buscando causas e consecuencias e fomentando un compromiso perante esa realidade. Foron...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017