KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Verde por fora, negro por dentro Volver
Autoría: Israel García, Mª Àngels Alié, Marga Florensa, Lucas Pérez, Raquel León

Data: 2008

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

Verde por fora, negro por dentro
 

Descrición
O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso modelo de transporte e as súas implicacións sociais ambientais. A continuación, a partir dunha dinámica grupal, danse a coñecer os conceptos básicos relaciona­dos cos agrocombustíbeis e analízase tamén o noso modelo de desenvolvemento para ver qué grupos humanos son beneficiados e cáles sofren as consecuencias. 
 
Coa lectura de varios testemuños, preténdese espertar a sensibilidade para coas consecuencias que ten a produción de agrocombustíbeis na vida das persoas. Finalmente, a análise dun cómic permite relacionar o tema traballado co noso propio estilo de vida co obxectivo de pretender revisar o noso modelo de consumo enerxético, así como fo­mentar accións acordes coa nosa responsabilidade como consumidores.



 

Observacións
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Agrocombustibles_actividad_CAS.pdf
Castellano
Descargar Agrocombustibles_actividad_CAT.pdf
Català
Descargar Agrocombustibles_actividad_EUS.pdf
Euskara
Descargar Agrocombustibles_actividad_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar dossier_y_guia_cast.zip

dossier_y_guia_cast.zip

Descargar dossier_y_guia_cat.zip

dossier_y_guia_cat.zip

Descargar dossier_y_guia_eus.zip

dossier_y_guia_eus.zip

Descargar dossier_y_guia_gal.zip

dossier_y_guia_gal.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Autoformación no grupo de traballo de docentes da Rede de educadoras para unha cidadanía global en Málaga.

Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes:...... [+]


 


...coa mesma idade

Como o ves?

O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Tapóns solidarios

Dentro do proxecto “Paredes que falan, lugares que ensinan”, que se levou a cabo en toda a escola, lanzamos aos alumnos unha pregunta: Gústache a túa escola? Celebrouse unha asemblea en que estiveron presentes dous delegados por aula que levaban as ideas recollidas previamente co resto...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018