Es nena, es neno…
Es nena, es neno…
Data: 2003
Temática: Xustiza de xénero
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo. A través de 8 actividades, proponse traballar a cuestión de xénero desde diferentes perspectivas co obxectivo de potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. Comezando polo máis próximo, como é o contorno familiar, ata o máis afastado, como é o caso de Lorna, unha nena de Kenya que tivo que abandonar a escola. Con este exemplo, o monográfico pon sobre a mesa a existencia dunhas necesidades básicas para poder vivir con dignidade e formula tamén a universalidade dos dereitos como a educación, a alimentación, o lecer, a saúde ou a felicidade. A modo de síntese de todo o traballado, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente unha carta reclamando solucións é desigualdade de oportunidades por razón de sexo.
O traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Este material fai parte do monográfico “Na procura da igualdade” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.
En_busca_de_la_igualdad_1cp_cas.pdf
En_busca_de_la_igualdad_1cp_cat.pdf
En_busca_de_la_igualdad_1cp_eus.pdf
En_busca_de_la_igualdad_1cp_gal.pdf
Para_saber_mas_y_cuadro_contenidos_castellano.zip
Para_saber_mas_y_cuadro_de_contenidos_catala.zip
Para_saber_mas_y_cuadro_de_contenidos_euskera.zip
Para_saber_mas_y_cuadro_de_contenidos_galego.zip