Isto non é xusto!

Buscador de recursos

Isto non é xusto!

Autoría: Elvira Safont, Gabi Torregrosa
Data: 2002
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
A partir das inxustizas que se producen na aula, este material ofrece abordar o concepto de xustiza. Para iso, proponse un xogo en que dous equipos deberán construír e decorar cantos máis vasos mellor. Mais o punto de partida e o material co que contarán ambos os equipos serán profundamente desiguais. A partir desta experiencia, verifícase un achegamento a diferentes realidades, como a de Juan, un pequeno produtor mexicano de café. A través do seu testemuño, preténdese que o alumnado tome conciencia das desigualdades e inxustizas que se producen no comercio internacional e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Finalmente, propón fomentar a participación en accións colectivas de compromiso social que contribúan para mudar a realidade en que se encontran persoas como Juan.
Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Café, café” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.