Por unha cultura de paz
Por unha cultura de paz
Data: 2007
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Esta unidade ten como obxectivo que o alumnado experimente diferentes vías de xestión de conflitos para alcanzar conxuntamente solucións negociadas. Para iso, parte da premisa que non pode existir paz se non hai xustiza.
Consta de tres partes diferenciadas que se poden traballar na súa totalidade ou de forma independente. En primeiro lugar, és analizada unha situación conflitiva hipotética, mais habitual e próxima do alumnado. Para iso, proponse un xogo de rol en que cada alumno ou alumna deberá asumir un papel dentro do conflito, e en que os diferentes personaxes implicados deberán chegar a un acordo por medio da negociación.
En segundo termo, proponse analizar as causas dun conflito violento que tivo moita repercusión: os acontecementos ocorridos no mes de novembro de 2006 en barrios periféricos dalgunhas cidades francesas. Para iso, proponse a lectura de varios textos que permiten, por un lado, analizar as causas do conflito; e por outro, reflexionar sobre alternativas pacíficas para a resolución do conflito. E por último, ofrécese unha serie de noticias sobre diferentes conflitos internacionais co obxectivo de reflexionar sobre a relación entre a paz e a xustiza.
Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a través de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.
Por_una_cultura_de_paz_cast.pdf
Por_una_cultura_de_paz_cat.pdf
Por_una_cultura_de_paz_eus.pdf
Por_una_cultura_de_paz_gal.pdf