Viaje con nosotros… si quiere gozar
Viaje con nosotros… si quiere gozar
Autoría: Carme Pi, Marga Florensa, Mireia Claverol, Laura Martí, María Rico, Ferran Polo, Gemma Bello
Data: 2007
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Desigualdade económica e xustiza fiscal
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Descrición:
Os obxectivos básicos deste Global Express son analizar o impacto do modelo turístico dominante, especialmente nos países empobrecidos, e reflexionar sobre a nosa responsabilidade como turistas. A través da primeira actividade, proponse facer descubrir ao alumnado que a información fornecida representa as dúas caras dun mesmo país e que a visión idílica que se nos ofrece sobre algúns destinos turísticos acocha a miúdo situacións de pobreza e inxustiza. A partir da análises dunhas bandas deseñadas, póñense ao descuberto os estereotipos que se ocultan detrás de moitos destinos e proponse unha diferenciación entre viaxar como turistas ou como viaxeiros.
A lectura dunhas noticias pretende abrir a reflexión e o coñecemento sobre os distintos tipos de actividades turísticas e as súas consecuencias e a lectura doutros textos permite recoñecer algunhas das características e consecuencias do modelo turístico do noso país. Finalmente, dáse a coñecer a existencia dun Código Ético Mundial para o Turismo e proponse ao alumnado a planificación conxunta dunha viaxe de fin de curso que cumpra cos requisitos deste Código.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Descarga de recursos
Turismo_actividad_CAS.pdf
Turismo_actividad_CAT.pdf
Turismo_actividad_EUS.pdf
Turismo_actividad_GAL.pdf
dossier_y_guia_cast-2.zip
dossier_y_guia_cat-2.zip
dossier_y_guia_eus-2.zip
dossier_y_guia_gal-2.zip
Turismo_actividad_CAS.pdf
Turismo_actividad_CAT.pdf
Turismo_actividad_EUS.pdf
Turismo_actividad_GAL.pdf
dossier_y_guia_cast-2.zip
dossier_y_guia_cat-2.zip
dossier_y_guia_eus-2.zip
dossier_y_guia_gal-2.zip
Engadir comentario