Unha sorpresa para Rosalina
Unha sorpresa para Rosalina
Data: 2004
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
A partir da historia de Rosalina, preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito e se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Rosalina, unha nena que se ve forzada a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia da protagonista e, polo outro, nos presentan unha serie de actividades que nos permiten profundar nos conceptos e temáticas que van aparecendo na historia. As actividades baséanse na experiencia propia facendo continuas referencias ás súas vivencias, coñecementos, percepcións, etc. A guía didáctica detalla a historia de Rosalina. Presenta tamén, paso a paso, a aplicación didáctica de cada unha das ilustracións e das actividades que aparecen no caderno.
Este caderno fai parte da maleta pedagóxica Por unha vida digna, adeus ás armas, que ofrece materiais para os outros ciclos de Primaria e unha guía de recursos para Secundaria.
Una_sorpresa_para_Rosalina_cast.pdf
Una_sorpresa_para_Rosalina_cat.pdf
Una_sorpresa_para_Rosalina_eus.pdf
Una_sorpresa_para_Rosalina_gal.pdf
Memed_y_Rosalina_Guia_didactica_cast-1.pdf
Mariposas_y_grito_por_la_paz_Guia_didactica_cat.pdf