A merenda do comercio
A merenda do comercio
Data: 2002
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Desigualdade económica e xustiza fiscal
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
A partir da actividade “O tren do café”, este monográfico ofrece unha visión do percorrido que o café segue desde a súa colleita até que chega á nosa casa e permite tomar conciencia da porcentaxe con que fica cada un dos axentes que interveñen na súa comercialización, onde as persoas produtoras son as que saen peor paradas. A través do testemuño de Tatu, unha pequena produtora de Tanzania, ábrese a reflexión sobre a situación en que viven os pequenos produtores e produtoras de todo o mundo e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Igualmente, o material permite descubrir o comercio xusto como unha alternativa que asegura unha vida digna a millóns de persoas no mundo.
Finalmente, propón fomentar a participación en accións colectivas de compromiso social que contribúan para mudar a realidade en que se encontran persoas como Tatu.
Este material fai parte do monográfico “Café, café” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.
Cafe_cafe_3cp_cas.pdf
Cafe_cafe_3cp_cat.pdf
Cafe_cafe_3cp_eus.pdf
Cafe_cafe_3cp_gal.pdf
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_cas-8.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_cat-8.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_eus-8.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_gal-8.zip