A conversa pedagóxica do IES Gerena
A conversa pedagóxica do IES Gerena
Data: 2010
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Democracia e participación, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Esta experiencia foi impulsada polo equipo directivo do IES Gerena, en Sevilla, co obxectivo de conseguir unha proxección do centro educativo e da súa actividade para coa comunidade.
Para atinxir este obxectivo, foi organizado un ciclo de conferencias cunha periodicidade bimestral ou trimestral. A dirección do centro convidaba o profesorado do centro educativo, o da escola de Primaria da localidade, os pais e as nais mediante cartas, SMS e publicidade na TV Local. Como resultado disto, foi constituído un grupo moi variado: profesores, pais e nais e persoas vinculadas ao movemento asociativo. Por outro lado, nas conversas participaron inmigrantes (na conversa sobre inmigración e escola) e estudosos da arte (na celebrada sobre a arte contemporánea e a educación da ollada).
Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.