Pan e rosas

Buscador de recursos

Pan e rosas

Autoría: Jennifer Williams Ramos
Data: 2003
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
A través dun xogo, esta proposta pon en escena as relacións de poder que existen nas relacións laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional, reflexionando en torno dos conceptos de traballo e folga O material dá a coñecer, a través do testemuño de Azulema Allemm, de Tánxer, a realidade do mundo laboral en moitos países do Sur. Proponse ao alumnado investigar sobre os dereitos laborais recollidos pola Organización Internacional do Traballo e co testemuño de Rosalie, das Filipinas, establécese o vínculo entre a realidade laboral de moitos países do Sur e nós como consumidores. Finalmente, danse a coñecer exemplos de mobilización e denuncia e anímase o alumnado a actuar para mudar esta situación.
Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Dereitos laborais” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.