Programa de interculturalidade
Programa de interculturalidade
Data: 2012
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, 3 a 6 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento.
Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no proceso de acollida e dar a coñecer a toda a comunidade educativa as diferentes culturas que conviven no centro.
O programa contempla dúas liñas de acción: a intervención directa co alumnado e a planificación de actividades para as titorías.
Esta experiencia foi presentada no V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2012, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.