Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora

Buscador de recursos

Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora

Autoría: Desiderio de Paz Abril
Data: 2013
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:

Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora.

Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico, unhas necesidades e uns principios organizadores da práctica escolar, de tal modo que se converte nunha lectura ineludíbel para os educadores e reveladora para os pais que se preocupan polo modelo escolar de seus fillos. Este libro dótanos de argumentos a quen cremos que a educación é o recurso máis importante para conseguir un mundo máis xusto.

Observacións:
COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais. Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade. Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.