Facendo realidade o soño dunha Escola Inclusiva
Facendo realidade o soño dunha Escola Inclusiva
Data: 2014
Temática: Marco teórico do ECG
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
A Escola con maiúsculas como axente de mudanza e transformación. A Escola Cristo de la Yedra está aberto á diversidade e á inclusión, vivindo este compromiso como unha riqueza e unha oportunidade. Tenta ser tamén unha Escola para todos e todas, asumindo de maneira creativa os ritmos diferentes e a diversidade como elemento de progreso, riqueza, xerme do que deberá constituír unha sociedade avanzada en madurez ética. Finalmente, tamén quere ser unha Escola e comunidade educativa que cre e vive a UTOPÍA e os valores de solidariedade e xustiza do Evanxeo, traballando xunto ao seu alumnado e familias, sen importar as diferenzas (intelectuais, físicas, sociais, culturais...), para, desde esa experiencia, asumindo o desafío de traballar por un mundo diferente, mellor e máis xusto para todos e todas.
Consideramos que a verdadeira escola é aquela en que, desde a inclusión, se posibilita a construción dun presente e dun futuro transformador. O noso centro, a partir dunha realidade diversa e heteroxénea (alumnos e alumnas sen dificultades e alumnos y alumnas de integración social ou con necesidades educativas especiais...), basea o seu traballo nuns alicerces comúns compartidos por toda a comunidade educativa.
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.