Memoria do I Congreso andaluz “Escola transformadora”

Buscador de recursos

Memoria do I Congreso andaluz “Escola transformadora”

Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2015
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Do 4 ao 6 de xullo decorreu en Málaga o I Congreso andaluz “Escola transformadora”, que congregou case 80 persoas. Foron días de troca de coñecementos e experiencias, ben como de interesante e produtivo traballo cooperativo. Este congreso foi convocado pola Rede ECG e o seu eixo central foi a promoción e o desenvolvemento de centros educativos transformadores. Centros educativos que sexan espazos máis abertos á participación das familias e da comunidade educativa, promotores de procesos que promovan o diálogo e a toma partillada de decisións, que busquen a máxima motivación e participación do alumnado. Escolas que entusiasmen, que transmitan e xeren esperanza. Esta memoria pretende dar conta do que foron os tres días de congreso e, ao mesmo tempo, mostrar toda a vida xerada polo encontro. A mellor constancia do que ocorreu ponse de manifesto na práctica diaria, no compromiso transformador, social e político, dos educadores e educadoras da Rede.

Observacións:
Descarga de recursos
VI_memoria_seminari.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.