Afganistán: guerra contra o terrorismo?

Buscador de recursos

Afganistán: guerra contra o terrorismo?

Autoría: Ferran Polo
Data: 2001
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes, a primeira actividade pon de manifesto que a poboación civil é quen máis sofre nunha guerra. A continuación, pásase a analizar quén se beneficia da situación, evidenciando algúns dos intereses que se esconden detrás da chamada “guerra contra o terrorismo”. Por último, preséntanse catro temas de debate que pretenden fomentar o espírito crítico do alumnado perante os acontecementos mundiais e potenciar, tamén, actitudes críticas fronte á cultura da violencia e da guerra.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.