AGUA – Guía de trabajo para el profesorado

Autoría: Clara de Madrid (Autora), Sandra Martín (Coordinadora)
Data: Septiembre 2020
Temática: Dereitos humanos e dereitos sociais básicos
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos
Idioma: Castelán

Descrición:
Co presente material didáctico, queremos fornecer un recurso práctico para a aula que ofreza ao profesorado de Primaria unha proposta para fomentar a reflexión en torno do dereito fundamental de acceso á AUGA. Para iso, son propostas diferentes actividades segundo o grupo de idade – 6 a 9 anos e 9 a 12 anos – para se axustar mellor ao contexto de cada aula. Pártese da proposta de 6 a 9 anos e van sendo dadas recomendacións adicionais para realizala con alumnado de 9 a 12 anos. A proposta didáctica é dividida en 3 sesións, con varias actividades cada unha. Desta forma, segundo se avanza, o alumnado pode coñecer as diferentes realidades do planeta ao redor do acceso á auga e reflexionar sobre o aprendido en diferentes espazos. Esta proposta comprende unha guía para o profesorado, as fichas con actividades para distribuír na aula e unha presentación que pode ser utilizada para algunhas actividades.

Observacións:
Esta proposta encádrase na Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) da ONU e, en concreto, no obxectivo 6 ”Auga limpa e sustentábel”. Na actualidade, aínda 3 en cada 10 persoas no mundo non teñen acceso a servizos de auga seguros, e 6 en cada 10 non teñen instalacións de saneamento xestionadas de forma segura. Se queremos avanzar na consecución dos ODS, necesitamos realizar mudanzas nos nosos hábitos e aproximarnos dunha comprensión crítica dos fenómenos sociais, naturais e económicos do mundo. Para iso, é fundamental educar no respecto polos recursos naturais do planeta e pola distribución xusta destes entre todas as persoas.

Engadir comentario