A nosa pegada ecolóxica.
A nosa pegada ecolóxica.
Autoría: Assumpta Zapata Buxens, Cristina Fons Solé, Isabel Pinazo López, Joan Pere Guzmán Alemany, Jordi Riera Aragay, Mercè Gil Viñas, M. Ángeles Suárez Álvarez (Grup de Barcelona de la Xarxa d’educadors i educadores per a una ciutadania global). Sandra Martín Tremoleda (coordinadora). Amb la col·laboració del grup d’estudiants “Eskamot Verd”, de l’escola Sant Ramon Nonat, Barcelona.
Data: 2021
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Medio ambiente e cambio climático
Tipoloxía de recurso: A nosa pegada ecolóxica.
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán

Descrición:
Esta unidade didáctica está centrada no desenvolvemento sustentábel e no consumo responsábel pola relevancia social e ambiental das consecuencias do modelo de consumo estabelecido ao nivel global, en concreto no relativo a produtos alimentarios. É necesario estabelecer mecanismos de reflexión sobre este modelo co alumnado: Que comemos? De onde proveñen os alimentos? Cal é o custo enerxético e a pegada ecolóxica que se xeran ao consumir os produtos? Como se xestiona o excedente de produción que resulta en desperdicio alimentario? De que maneira podemos actuar para minimizar os riscos ambientais e sociais?. A través do desenvolvemento do pensamento crítico, preténdese que o alumnado analice as causas e consecuencias dun consumo responsábel, e que desta reflexión resulte unha mudanza nas prácticas e hábitos de consumo cotiáns, dentro e fóra do lar, así como a conciencia de estar a contribuír así para a xustiza social.

Observacións:
A presente unidade didáctica foi elaborada polo grupo de docentes de Barcelona pertencentes á Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón a partir dun proceso de reflexión e autoformación sobre o desenvolvemento sustentábel e o consumo responsábel. Está dirixida ás alumnas e aos alumnos de 3.º da ESO no currículo de Ciencias Sociais, aínda que é adaptábel a calquera curso da Educación Secundaria se se traballar de forma globalizada. A unidade foi concibida para realizala nunha sesión de dúas horas semanais durante un trimestre.

Engadir comentario