CiudadaniaGlobal

Esta publicación, froito do traballo colaborativo da Rede de educadores y educadoras para unha cidadanía global, é unha proposta de reflexión e exemplos prácticos en torno do carácter transformador da Educación para a cidadanía global, sendo esencial que para esta abordaxe educativa que as súas accións educativas estean encamiñadas a fomentar o pensamento crítico, o diálogo, a colaboración, a solidariedade e o compromiso para la transformación das desigualdades e a promoción da xustiza social, da equidade e do desenvolvemento sustentábel. A abordaxe metodolóxica, por tanto, debe ser tamén transformadora e as estratexias que acompañen procesos deben fomentar esta transformación social. As metodoloxías transformadoras son consubstanciais á Educación para a cidadanía...
Quiero saber más
Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora. Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico,...
Quiero saber más
Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza. As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel. A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía...
Quiero saber más
Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar. Pistas para mudar a escola recolle...
Quiero saber más
Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do...
Quiero saber más