A experiencia encádrase na proposta de Oxfam Intermón Conectando mundos 2017, “Dereitos sen fronteiras”. Implicou un percorrido adaptado à capacidade do noso alumnado, para os aproximar da situación en que se encontran moitas persoas que se ven obrigadas a abandonar o seu país de orixe para buscar unha vida mellor e máis digna. Para iso, e utilizando a metodoloxía de proxectos e os materiais da plataforma Conectando mundos, fomos construíndo o noso traballo durante todo o segundo trimestre. Partimos de identificar o que necesitamos para vivir e vimos que esas necesidades son as mesmas para todos e todas. Analizamos como somos en comparación os uns cos outros, en que nos parecemos e...
Quiero saber más
Dentro do proxecto “Paredes que falan, lugares que ensinan”, que se levou a cabo en toda a escola, lanzamos aos alumnos unha pregunta: Gústache a túa escola? Celebrouse unha asemblea en que estiveron presentes dous delegados por aula que levaban as ideas recollidas previamente co resto da aula. As ideas foron presentadas à Directora e elixidas as máis votadas. Os alumnos de Infantil querían un recreo máis divertido. Aproveitamos o tema da reciclaxe para fabricar xoguetes con tapóns de botellas. Puxémonos en contacto cunha asociación de voluntarios da localidade que axudan persoas necesitadas en colaboración con Cáritas. Organizamos un obradoiro coas familias, que nos axudaron a fabricar xoguetes, e, en troca, cada...
Quiero saber más
A partir da lectura do conto “Tostadito viaxa polo mundo” danse a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. O protagonista do conto, Tostadito, é un panciño que ten ganas de coñecer outros pans diferentes e, axudado polo seu amigo Pipirico, conseguirá, ao longo da súa viaxe, non sé coñecer outros pans, senón vivir unha aventura realmente emocionante. Grazas á súa historia, coñeceremos as materias primas e o seu ciclo natural, así como o proceso de elaboración do pan. O caderno de traballo foi concibido para que as actividades se traballen seguindo o relato do conto....
Quiero saber más
Esta actividade xorde a partir do traballo feito con dúas aulas de nenos e nenas de 4 anos dentro da proposta Conectando mundos 2014-2015, co título “Cando os dereitos se frustran”, que aborda os dereitos sociais básicos. Neste cadro, descubrimos tamén o dereito de toda persoa a ter unha identidade propia e plural, que non implica excluír o diferente, senón aprender a sumar. É a lóxica da diferenza inclusiva: coñecer a diversidade para, a partir dela, realizar a unidade (mudanza necesaria e profunda da nosa sociedade). A realidade da aula proponnos o desafío de recoñecer a diversidade cultural, relixiosa e idiomática do alumnado, que se constitúe en punto inspirador para aprendermos...
Quiero saber más
Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os nosos verbos conxúganse en xerundio ao ser un proceso posto en marcha” Pretendemos reaxustar a abordaxe “Profesor ensina, Alumno aprende” tratando que o alumnado sexa autor e protagonista da súa aprendizaxe, sendo o papel do profesorado o de facilitador e provocador de conflitos. Diríxese á totalidade do noso alumnado e o significativo é a total implicación de 100% do profesorado e unha cada vez...
Quiero saber más
A escola ten que estar aberta a todas as realidades da vida, sen escrúpulos, aínda que si con moito respecto. Morte e vida son dúas faces dunha mesma moeda e non existe unha sen a outra. Convívese con ela a diario, e non querer ollala, non a fai desaparecer. Este é un proxecto de traballo que segue a metodoloxía construtivista cuxo obxectivo é coñecer máis sobre a morte, encontrármonos cos nosos sentimentos e, sobre todo, ollar de fronte o medo para desmitificalo. Con esta práctica preguntámonos, investigamos, lemos, escoitamos, discutimos, respondémonos, xorden novas preguntas e novas respostas, experimentamos, choramos e rimos, mais sobre todo crecemos moito, cada un ao seu...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más