Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más
Esta experiencia foi levada a cabo no CEIP Plácido Fleitas (Telde, Gran Canaria) e é un proxecto de centro para sensibilizar o alumnado, profesorado e familias sobre a situación da pobreza no mundo, buscando causas e consecuencias e fomentando un compromiso perante esa realidade. Foron realizados uns obradoiros co obxectivo de formar, reflexionar e traballar o compromiso individual, destinados ao alumnado e aos pais e nais, e organizado desde o claustro de profesorado, co apoio do equipo educativo de Intermón Oxfam. O traballou culminou cun acto de mobilización social para concienciar sobre o tema da pobreza os cidadáns e cidadás de Telde, así como espertar nos alumnos e alumnas xestos...
Quiero saber más
Esta experiencia é a adaptación da proposta Conectando mundos_Soños de Andoriña á Educación Infantil, para traballar a través dun conto o tema das migracións, as súas causas e as súas consecuencias, así como as actitudes individuais e colectivas transformadoras da realidade. Esta experiencia puxo de manifesto que os pequenos e as pequenas son totalmente capaces de se colocar no lugar do outro e de ser introducidos nos valores que sustentan a concepción de cidadanía global, así como comezar a tomar decisións de xeito colectivo e de respectar as alleas. De forma paralela, traballouse cos pais e coas nais en dúas reunións sobre “solidariedade, pobreza e a miña postura diante diso”.
Quiero saber más
Este material pretende profundar no tema da pobreza a partir dunha situación concreta e próxima do alumnado: a historia de Marta, na que seu pai perde o emprego e que está contextualizada no noso país e na nosa realidade. O desemprego é un fenómeno que afecta unha cantidade importante de persoas. A familia de Marta ten cubertas as súas necesidades básicas, mais a noticia inesperada do despedimento do pai provoca un desequilibrio e unha preocupación debida é repentina falta de oportunidades no campo laboral. Desta forma, apréndese a coñecer, entender e avaliar que hai necesidades básicas para poder crecer e vivir con dignidade e profúndase nos sentimentos e nas actitudes...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e boa utilización da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión, como peche das actividades “Noaga, a auga e nós” e “Xoguemos coa auga”. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa.
Quiero saber más
Esta actividade està pensada para realizarse nun espazo aberto como o patio. Trátase na realidade de dous xogos diferentes, “De gota en gota” e “Gotas de auga para África”. Ao final de cada xogo, debe dedicarse un tempo para o debate e a reflexión. Para poder ser realizado, é necesario dispor de materiais como cartolinas, papel de embalar e recipientes diversos como cubos, vasos e barrenos. A súa duración está prevista de hora e media a 2 horas. O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. Igualmente, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. A través da historia de Noaga, de Burkina Faso, o alumnado achágase a unha realidade diferente. Desta forma, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade. Igualmente, é analizado o noso consumo de auga e son introducidos conceptos como auga potábel e escaseza. Para traballar todos estes conceptos, proponse o uso de debuxos, fotografías, e a explicación dunha historia.
Quiero saber más
A partir da historia de Memed preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito. E que se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Memed, un neno que se ve forzado a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia do protagonista e, polo outro, preséntannos unha serie de actividades que nos permiten profundar nos...
Quiero saber más
Esta unidade didáctica propón reflexionar, a partir dunha chuvia de ideas inicial, en torno do concepto de paz. Pretende conseguir entre todos e todas unha definición que vaia máis alá da ausencia de guerra. Para iso, aproxima a paz da súa realidade máis próxima, como a relación cos seus irmáns ou cos seus amigos e amigas. Finalmente, proponse a realización entre toda a aula dun acto simbólico sobre a paz.
Quiero saber más