3 a 6 anos

É importante que os cativos e cativas estean conectados coa actualidade e que comprendan os asuntos que ocorren ao seu arredor. Xa desde educación infantil poden ser coñecedores dos acontecementos sociais e medio-ambientais que conforman a realidade na que vivimos. A crise social en torno a migrantes e persoas refuxiadas é quizais o maior acontecemento de vulneración dos dereitos humanos da nosa época. Inclúe cuestións relacionadas cos movementos migratorios, as fronteiras, o respecto ao asilo e à infancia, a perda de vidas humanas por causas puramente políticas, o crecemento de actitudes racistas e xenófobas en Europa. Pero tamén outras como solidariedade, xustiza e igualdade, que consideramos que se poden entender xa...
Quiero saber más