Co presente material didáctico, queremos fornecer un recurso práctico para a aula que ofreza ao profesorado de Primaria unha proposta para fomentar a reflexión en torno do dereito fundamental de acceso á AUGA. Para iso, son propostas diferentes actividades segundo o grupo de idade – 6 a 9 anos e 9 a 12 anos – para se axustar mellor ao contexto de cada aula. Pártese da proposta de 6 a 9 anos e van sendo dadas recomendacións adicionais para realizala con alumnado de 9 a 12 anos. A proposta didáctica é dividida en 3 sesións, con varias actividades cada unha. Desta forma, segundo se avanza, o alumnado pode coñecer as...
Quiero saber más
A mudanza climática é unha ameaza global que xa está a afectar millóns de persoas en todo o mundo. Este recurso educativo céntrase nas consecuencias que a mudanza climático ten para as persoas: na forma en que as comunidades están a verse afectadas e en como resisten, responden e se adaptan a eses desafíos. A secuencia de recursos e actividades procura profundar na temática, en primeiro lugar, para terminar pasando á acción real. Estas son las sesións do recurso: SESIÓN 1: O desafío climático SESIÓN 2: Quen é o responsábel? SESIÓN 3: Impactos da mudanza climática SESIÓN 4: Historias sobre a mudanza climática SESIÓN 5: Adaptarse á mudanza climática SESIÓN...
Quiero saber más
Esta experiencia recoge las distintas iniciativas de educación para la paz que, cada año, desde el curso 2012-2013 han llevado a cabo el grupo de la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global de Oxfam Intermon en Tarragona. En ellas se plantean varias actividades dirigidas a los centros educativos y pensadas para que participen las distintas franjas de edad Durante el primer trimestre, los centros participantes trabajan en el aula temáticas de no-violencia, paz y resolución pacífica de conflictos, y culminan el proyecto con la preparación de un acto conjunto de celebración del Día Escolar de la No Violencia y la Paz (DENIP) y de otras actividades participativas...
Quiero saber más
Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos. Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para...
Quiero saber más
A partir da historia de tres amigos, este material dá a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. Camiño da escola, os tres amigos da historia reciben unha visita inesperada: a dun extraterrestre, que é o inicio da súa aventura conxunta. Grazas á súa historia, coñeceremos a orixe das materias primas e o seu ciclo natural, aproximarámonos do valor do traballo e analizaremos aspectos relacionados como o consumo, a publicidade, os bens e servizos, etc. O contido trabállase con actividades moi variadas: unha sopa de letras, unha enquisa sobre os hábitos alimentarios, un traballo a partir...
Quiero saber más
Este material pretende profundar no tema da pobreza a través dun exemplo da Etiopía, un país coñecido polas súas secas e pola fame. A historia de Kidane debuxa unha pobreza absoluta na que se poñen de manifesto a carencia de oportunidades, a falta de corresponsabilidade, a desigualdade, a exclusión e a imposibilidade de satisfacer as necesidades básicas para vivir. A pobreza é unha realidade que viven moitas persoas e que chega aos nosos nenos e nenas desde moi pequenos e por diferentes canais. Estas informacións acostuman chegar aos nenos e ás nenas sen ningunha reflexión ou ben con comentarios tópicos e reducionistas. Kidane, o noso protagonista, ten que fuxir da...
Quiero saber más
O obxectivo deste material é descubrir que a alimentación é un dos compoñentes básicos da saúde e unha necesidade básica de todo ser humano. Preténdese incidir na accesibilidade que nos países do Norte temos, por regra xeral, a unha alimentación variada. A partir do debuxo da capa, ábrese o traballo en torno de qué alimentos se consideran saudábeis e contribúen para unha saúde equilibrada. Despois, son analizados os diferentes tipos de alimentación en diferentes países para avaliar a variedade de alimentos do mundo como reflexo da variedade cultural. Este material quer recoñecer a saúde como un dereito universal. A través dalgúns testemuños, verase cal é a situación nalgúns países do...
Quiero saber más
Este monográfico introduce os conceptos de paz, violencia e conflito e reflexiona sobre eles. Tamén reflexiona sobre as actitudes que tomamos perante os conflitos e ofrece ferramentas para favorecer o diálogo e a cooperación. A través dun exemplo práctico, pretende espertar a creatividade e a imaxinación na busca de solucións. Por último, o testemuño de Roberto, de Mozambique, serve para acercar ao alumnado a realidade dun país que viviu unha guerra. E ás estratexias e programas, como o intercambio de armas por ferramentas, que serven para construír a paz.
Quiero saber más
Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, a proposta céntrase na expresión de sentimentos e emocións, no fomento da empatía, na identificación de papeis e estereotipos para evidenciar a igualdade de dereitos a través das historias...
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más