Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os nosos verbos conxúganse en xerundio ao ser un proceso posto en marcha” Pretendemos reaxustar a abordaxe “Profesor ensina, Alumno aprende” tratando que o alumnado sexa autor e protagonista da súa aprendizaxe, sendo o papel do profesorado o de facilitador e provocador de conflitos. Diríxese á totalidade do noso alumnado e o significativo é a total implicación de 100% do profesorado e unha cada vez...
Quiero saber más
Proxecto de investigación interdisciplinar, a través do cal o alumnado chegou a coñecer a situación de desigualdade que impera no mundo investigando sobre diferentes países do mundo más desfavorecido. Así chegamos a coñecer algunhas causas destas desigualdades e propuxemos posíbeis solucións. No proceso descubrimos tamén algúns comportamentos da nosa vida cotiá que poden axudar a mellorar estas condicións. No proceso recibimos convidados na aula que nos narraron a súa experiencia directa en países do sur. Elaboramos un libro de contos solidarios e fixemos un mercado solidario en colaboración con varias ONG para recadar fondos para diferentes proxectos de axuda aos países con máis problemas. Todo fica reflectido nun libro final...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más
Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más
Esta práctica consiste nun traballo sobre coeducación no Centro de Primaria de Gines (Sevilla) realizado a partir da lectura e comentario de numerosos contos. Os libros, de contido coeducativo ou de educación para a convivencia e interculturalidade, foron distribuídos en tres gabetas (un por Ciclo) e foron programadas actividades para traballar con eles. Igualmente impregnan o conxunto de actividades que, en torno da Animación á lectura, se organizan no centro, ao longo de todo o curso e durante a Feira do Libro. Trátase dun proxecto conxunto do AMPA e do profesorado. Aproveitando o enorme potencial educativo dos contos, este proxecto quere poñer en cuestión os roles de xénero estereotipados en...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode facer grazas ao traballo e do que este representa en relación á dignidade humana. Mais a historia de Asha e Tessa, nai e filla de Bangladesh, porá sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o comercio xusto e reflexiona sobre o que son as necesidades básicas dos seres humanos. Esta proposta está proposta para traballar...
Quiero saber más
A participación no proxecto Conectando mundos implicou os alumnos do grupo A de 5.º curso e o seu titor, nunha experiencia cuxo obxectivo era coñecer outros cidadáns e cidadás desta cada vez maior aldea global, a travérs da participación nun traballo asentado na reflexión e na construción dunha sociedade máis solidaria e receptiva a persoas de diferentes países. A participación no proxecto respondeu ao fío condutor trazado pola organización do mesmo: lectura e interpretación da información posta á disposiciónó e a creación de textos de resposta aos desafíos propostos, a través dunha grande interacción entre os diversos participantes. Esta experiencia foi levada a cabo na área curricular sen categoría de materia de Formación Cívica.
Quiero saber más